Brita Ingrid Maria Malmer, nada en Malmö, Escania, o 1 de xuño de 1925 e finada en Lidingö, Estocolmo, o 8 de maio de 2013, foi unha numismática sueca especializada nas cuñaxes do pobo viquingo. Foi a primeira persoa que exerceu como profesora de numismática en Suecia.Myrberg Burström, N. "Brita Ingrid Maria Malmer". Svenskt kvinnobiografiskt lexikon."Brita Ingrid Maria Malmer ". Kungl. Vitterhetsakademien.

Traxectoria Malmer naceu en Malmö, onde o seu pai, Svante Alenstam, estaba destinado como mestre de escola. Logo de concluír a educación secundaria en 1945, cursou estudos superiores de historia, arqueoloxía, estudos clásicos, historia da arte, pedagoxía e Antigüidade nórdica na Universidade de Lund, onde se graduou en 1953. Entre ese ano e 1966 exerceu nesta mesma universidade como profesora asociada en tanto que cursaba o doutoramento, ao que acceden en 1966 cunha tese sobre as primitivas moedas do asentamento comercial de Hedeby na era viquinga, titulada Nordiska mynt före år 1000 ("Moedas nórdicas antes do ano 1000").Véxase (1966) en "Bibliografía".

En 1959, Brita Malmer instalouse en Estocolmo e comezou a traballar no Gabinete Numismático Real, onde se dedicou por igual á organización de exposicións e á investigación. Implicouse especialmente no proxecto Corpus nummorum saeculorum IX-XI qui in Suecia reperti sunt, un catálogo de todas as moedas da era viquinga atopadas en territorio sueco, que dirixiu durante vinte anos."About CNS ". Department of Archaeology and Classical Studies. Stockholm University Malmer comezou no Gabinete a media xornada e en 1962 pasou a estar contratada a tempo completo. Posteriormente, en 1971, foi ascendidda a xerente do Gabinete Numismático Real, posto que ocupou ata 1979, cando foi nomeada profesora de Numismática e Historia do Diñeiro. Brita Malmer xubilouse en 1992.

En 1972, Malmer foi a encargada de pronunciar a conferencia en memoria de Dorothea Coke, para a Sociedade Viquinga para as Investigacións do Norte, con sede en Londres, co título "As cuñaxes do rei Canuto nos países do norte".Véxase (1974) en "Bibliografía".

Brita Malmer estaba casada co profesor de Arqueoloxía Mats P. Malmer. A filla de ambos, Elin Malmer, é unha recoñecida historiadora. Brita faleceu en 2013 e o seu corpo foi soterrado, xunto co do seu marido, no cemiterio de Lidingö."Brita Ingrid Maria Malmer". FinnGraven.es

Recoñecementos

1977: Medalla Gustav VI Adolf da Sociedade Numismática de Suecia."SNF:s Gustav VI Adolf-medalj för framstående numismatisk forskning". Svenska Numismatiska Föreningen. 1981: Membro da Real Academia Sueca das Letras, a Historia e as Antigüidades. 1986: Membro da Academia Norueguesa de Ciencia e Letras. 1986: Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres."The Society's Medal". The Royal Numismatic Society. 1988: Medalla Huntington, da American Numismatic Society, de Nova York."Recipients of the Huntington Medal Award ". No sitio web da American Numismatic Society. 1995: Membro de honra da Sociedade Numismática de Suecia."SNF:s hedersledamöter". Svenska Numismatiska Föreningen. 1998: Membro Honorario da Royal Numismatic Society."Honorary Fellows of the Royal Numismatic Society". En The Numismatic Chronicle. Royal Numismatic Society. Vol. 158. Páxina xi."Honorary Fellowship". The Royal Numismatic Society. 2002: Medalla Gunnar Holst, de Gotemburgo, Suecia."Gunnar Holsts pris år 2002". En Svensk Numismatisk Tidskrift. Sociedade Numismática Sueca. Novembro de 2002. Páxina 165.

Ao longo da súa traxectoria, Brita Malmer exerceu tamén a presidencia de diversas entidades e fundacións, entre elas a Fundación para a Numismática Sven Svensson (1971-1979 e 1988-1993), a Sociedade Arqueolóxica Sueca (1974-1976), a Sociedade Numismática Sueca (1974-1976) e a Fundación Gunnar Ekström para a Investigación Numismática (1974-1979).

Escolma de publicacións

(1966): Nordiska mynt före år 1000. Acta Archaeologica Lundesina. S. 8º. Nº 4. Gleerup. Lund. (1968): Mynt och människor. Vikingatidens silverskatter berättar. Rabén & Sjögren. Estocolmo. (1974): King Canute's oinage in the Northern Countries. Viking Society for Northern Research for the College. Londres. ISBN 978-0-903521-03-1 (1980): Den Senmedeltida penningen i Sverige = late medieval pennies in Sweden. Almqvist & Wiksell. Estocolmo. ISBN 978-91-7402-097-7

(1982). Myntfynd från Östergötland (con Ian Wiséhn). Kungliga Myntkabinettet, Estocolmo. ISBN 9789171925145

(1989 ): The Sigtuna coinage c.995-1005. Commentationes de nummis saeculorum IX-XI in Suecia repertis , Nova ser. 4. Kungliga Vitterhets Historie och Antikvitetsakademien u. a. Estocolmo. ISBN 91-7192-766-2 (1993). Myntfynd från Ångermanland (con Ian Wiséhn). Kungliga Myntkabinettet, Estocolmo. ISBN 9789171925497 (1997 ): The Anglo-Scandinavian Coinage C. 995-1020 . Commentationes de nummis saeculorum IX–XI in Suecia repertis. Nova Ser. 9). Kungl. Vitterhetsakademien. Estocolmo. ISBN 978-91-7402-271-1

Corpus nummorum saeculorum IX-XI qui in Suecia reperti sunt

Participación na obra colectiva (1975-2010): Corpus nummorum saeculorum IX-XI qui in Suecia reperti sunt. Almqvist & Wiksell International. Estocolmo (1975): Gotland (1): Akebäck-Atlingbo. ISBN 9789174020007 (1977): Gotland (2): Bäl-Buttle. ISBN 9789174020687 (1979): Dalarna: Falun-Rättvik. ISBN 9789174020830 (1982): Gotland (3): Dalhem-Etelhem. ISBN 9789174021400 (1982): Gotland (4): Fardhem-Fröjel. ISBN 9789171925404 (1983): Östergötland: Älvestad-Viby. ISBN 9789171925848 (1985): Skåne (1): Åhus-Grönby. ISBN 9789171926395 (1987): Skåne (2): Maglarp-Ystad. ISBN 9789171926784 (2010): Blekinge: Bräkne-Hoby - Sölvesborg. ISBN 9789174023930

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Jonsson, K. (2013). "Brita Malmer (1925-2013)". En Compte Rendu 60. International Numismatic Council. Páxinas 38-42

Categoría:Nados en 1925 Categoría:Finados en 2013 Categoría:Nados no condado de Escania Categoría:Numismáticos de Suecia Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Galardoados coa medalla Huntington Categoría:Galardoados coa medalla Gunnar Holst Categoría:Alumnos da Universidade de Lund Categoría:Profesores da Universidade de Lund Categoría:Arqueólogos de Suecia Categoría:Personalidades sen imaxes