George Armitage Miller, nado en Charleston o 3 de febreiro de 1920 e finado en Plainsboro o 22 de xullo de 2012, foi un psicólogo estadounidense, un dos fundadores da psicoloxía cognitiva, e en xeral da ciencia cognitiva. Tamén contribuíu ao nacemento da psicolingüística. Miller escribiu varios libros e dirixiu o desenvolvemento de WordNet, base de datos mundial en liña que poden emprgar os computadores. Escribiu o artigo "The Magical Number Seven, Plus or Minus Two" en que relata como observou que moitas achegas experimentais consideradas en conxunto revelan a presenza dun límite medio de sete para a capacidade humana da memoria a curto prazo. Este artigo é citado con frecuencia por psicólogos e na cultura xeral. Miller gañou numerosos premios, como a National Medal of Science.
Miller comezou a súa carreira cando a teoría que reinaba na psicoloxía era o condutismo, que rexeitaba o estudo dos procesos mentais e se centraba no comportamento observábel. Contrarioi a esta investigación, Miller desenvolveu técnicas experimentais e métodos matemáticos para analizar os procesos mentais, centrándose no discurso e na linguaxe. Traballou principalmente na Universidade Harvard no MIT e na Universidade Princeton e acabou por converterse nun dos fundadores da psicolingüística e unha figura primordial na fundación do novo campo da ciencia cognitiva arredor de 1978. Colaborou e co escribiu con outras figuras deses campos como Noam Chomsky. Por mover a psicoloxía ao campo dos procesos mentais e aliñar ese movemento coa teoría da información, a teoría da computación e a lingüística, está considerado un dos grandes psicólogos do século XX. Un estudo do Review of General Psychology, publicado en 2002, recoñeceu a Miller como o vixésimo psicólogo máis citado desa época.
Obras
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas 2007 discussion on the cognitive revolution, with Chomsky, Bruner, Pinker and others: Part I 2007 discussion on the cognitive revolution, with Chomsky, Bruner, Pinker and others: Part II 2007 discussion on the cognitive revolution, with Chomsky, Bruner, Pinker and others: Part III 2007 discussion on the cognitive revolution, with Chomsky, Bruner, Pinker and others: Part IV Classics in the history of psychology: The seven plus/minus two paper Bio on Kurtzweil.net Old faculty page Communication, Language, and Meaning (edited by Miller) A blog with links to discussions on the seven-plus-minus-two paper Neurotree: Miller's academic genealogy
Categoría:Nados en Virxinia Occidental Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 2012 Categoría:Psicólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade Harvard Categoría:Ensaístas