Cicely L. Tyson, nada en Harlem en 1924 e finada o 28 de xaneiro de 2021, foi unha actriz e ex modelo estadounidense. Nunha carreira que se estendeu por máis de sete décadas, fíxose célebre pola súa interpretación de mulleres fortes afroamericanas. Tyson recibiu tres Primetime Emmy Awards, catro Black Reel Awards, un Screen Actor Guild Award, un premio Tony e un Óscar Honorífico.
Traxectoria Tras aparecer en pequenos papeis no cinema e na televisión no principio da súa carreira, Tyson recibiu atención polo público e a crítica pola súa interpretación de Rebecca Morgan en Sounder (1972), pola que foi candidata ao Óscar e ao Globo de Ouro. O seu traballo como protagonista no telefilme de 1974 The Autobiography of Miss Jane Pittman valeulle eloxios e premios, como dous Emmy e unha candidatura ao premio da BAFTA.
Tyson continuou a actuar no cinema e na televisión no século XXI. En 2011, interpretou o papel de Constantine Jefferson no filme The Help e tamén realizou o papel de Ophelia Harkness no drama legal da ABC How to Get Away With Murder dende o comezo da serie.
Ademais da súa carreira na pantalla, Tyson apareceu en varias producións teatrais. Recibiu un Drama Desk Award en 1962 polo seu traballo no Off-Broadway en Moon on a Rainbow Shawl. Tamén apareceu como Carrie Watts na obra de Broadway The Trip to Bountiful, pola que gañou o Tony, o Outer Critics Award e o Drama Desk Award á mellor actriz en 2013.
Tyson foi honrada polo Kennedy Center en 2015 e en novembro de 2016 recibu a Medalla Presidencial da Liberdade, o máis alto honor para un civil nos Estados Unidos.
Vida persoal miniatura|Davis e Tyson, 1982 Tyson saíu por primeira vez co trompetista de jazz Miles Davis na década de 1960, mentres el estaba a divorciarse da bailarina Frances Davis. Davis empregou unha fotografía de Tyson para o seu álbum de 1967, Sorcerer. Davis dixo a prensa en 1967 que intentou casar con Tyson en marzo de 1968 despois de que o seu divorcio finalizase, mais casou coa cantante Betty Davis ese mesmo setembro. Tyson e Davis retomaron a súa relación en 1978 e casaron o 26 de novembro de 1981 nunha cerimonia presidida polo alcalde de Atlanta Andrew Young na casa do actor Bill Cosby. O matrimonio foi tumultuoso polo temperamento volátil de Davis e as súas infidelidades. Davis conta que Tyson salvou a súa vida e axudouno a superar a súa adicción á cocaína. Viviron entre Malibú e Nova York, ata que ela solicitou o divorcio en 1988. O proceso de divorcio finalizou en 1989, dous anos antes da morte de Davis.
Tyson foi membro da irmandade Delta Sigma Theta.Delta Sigma Theta
Filmografía Ano Título Personaxe Notas1956Carib GoldDottie1958Odds Against TomorrowJazz Club bartender1959Girl Left on PorchSen acreditar1966A Man Called AdamClaudia Ferguson1967Marie Therese1968Portia1972SounderRebecca Morgan1976Tylette, The Cat1976The River NigerMattie Williams1978Sweets1979Elaine1981Bustin' LooseVivian Perry 1991Fried Green TomatoesSipsey1997HoodlumStephanie St. Clair2001Ela mesmaCurtametraxe; sen acreditar2005Because of Winn-DixieGloria Dump2005Diary of a Mad Black WomanMyrtle 2006Madea's Family ReunionMyrtle2006Fat Rose and SqueakyCeline2006IdlewildMother Hopkins2007Rwanda RisingVoice of Jeanette NyirabagarwaDocumental2009Up from the Bottoms: The Search for the American DreamNarradoraDocumental2010Why Did I Get Married Too?Ola2011Constantine Jefferson2012Alex CrossRegina "Nana Mama" Cross2013The Haunting in Connecticut 2: Ghosts of GeorgiaMamma Kay2016Showing RootsHattie2017Last Flag FlyingMrs. Hightower2020A Fall from GraceAlice
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Cicely Tyson at the Internet Off-Broadway Database Cicely Tyson at the TCM Movie Database
Categoría:Nados en Manhattan Categoría:Nados en 1924 Categoría:Finados en 2021 Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de Nova York Categoría:Modelos femininas dos Estados Unidos de América Categoría:Medalla Presidencial da Liberdade Categoría:Óscar honorífico