José Maria Ferreira de Castro, nado en Ossela, Oliveira de Azeméis, o 24 de maio de 1898 e finado no Porto o 29 de xuño de 1974, foi un escritor portugués.
Traxectoria miniatura|Busto do autor de A Selva en Manaus Foi o fillo máis vello de José Eustáquio Ferreira de Castro e de Maria Rosa Soares de Castro. Aos 8 anos ficou orfo de pai, un campesiño pobre e decide, aos 12 anos, emigrar coa intención de sustentar a familia. O 7 de xaneiro de 1911 embarcou no vapor "Jerôme" con destino a Belén do Pará, no Brasil. Alí viría a publicar a súa primeira novela Criminoso por Ambição, en 1916.
Durante catro anos viviu no seringal Paraíso, en pleno bosque amazónico, xunto á marxe do río Madeira. Despois de partir do seringal Paraíso, viviu en precarias condicións, tendo que acudir a traballos como colar carteis, embarcadizo en navíos do Amazonas etc.
Máis tarde, en Portugal, foi redactor do xornal O Século, director do xornal O Diabo e colaborador das revistas O domingo ilustrado O domingo ilustrado : noticias & actualidades graficas, teatros, sports & aventuras, consultorios & utilidades (1925-1927) [copia dixital, Hemeroteca Digital] (en portugués) (1925-1927), Renovação (1925-1926) e Ilustração (iniciada en 1926). Ao servizo do xornal de Pereira da Rosa, asinou crónicas vibrantes, como o día en que se deixou prender no Limoeiro para testemuñar a vida dos reclusos nas cadeas portuguesas ou a súa entrevista exclusiva en Dublin con Eamon de Valera, líder do Sinn Fein en 1930.
En 1930 publica A Selva, a obra que o tornaría un escritor de dimensión internacional, mesmo canditato a Premio Nobel. O libro recibe críticas positivas no The New York Times, ábrelle camiño en Hollywood e posibilítalle o ingreso no Pen Club francés. Nesa altura perde traxicamente a esposa, Diana de Liz, a quen dedicou o libro.
Tras o falecemento da esposa, Ferreira de Castro partiu para Inglaterra en barco, na compañía do escritor Assis Esperanza. Fica doente, con septicemia, mais é tratado polo médico e historiador de arte Reynaldo dos Santos. A consecuencia do estado de loito, en decembro de 1931 Ferreira de Castro tenta o suicidio sen éxito. Para convalecer parte para a Madeira, onde escribe a novela Eternidade (1933), cuxo tema é a obsesión pola morte.Revista E n.º 2412 (19 de Janeiro de 2019). Sempre mais alto, ainda para além da morte, páx. 31. (en portugués)
Ferreira de Castro ordenou o traslado dos ósos da esposa Diana e erixiulle un mausoleu.
Faleceu en 1974, pouco despois do 25 de Abril, chegando a desfilar no 1º de maio, Día do Traballador. Encóntrase enterrado en Sintra, polas súas expresadas ganas.
Vida persoal Casou con Diana de Liz, escritora, defensora da emancipación feminina, que morreu en 1930 por causas descoñecidas. Volveu a casar con Elena Muriel, pintora española refuxiada no Estoril. Con ela viviu 40 anos e tivo unha filla, Elsa Beatriz.
Relevancia da obra Emigrante, home do xornalismo, mais sobre todo ficcionista, é hoxe en día, aínda, un dos autores portugueses con maior obra traducida en todo o mundo, podéndose incluír a súa obra na categoría de literatura universal moderna, precursora do neorrealismo, de escrita caracteristicamente identificada coa intervención social e ideolóxica. Unha das súas obras, A Selva, adaptouse ao cinema.
Ferreira de Castro, unha das maiores figuras de sempre da cultura portuguesa, era un traballador incansábel, na certa acepción do termo. Non dispondo ou non querendo utilizar máquina de escribir e aínda a unha enorme distancia dos nosos computadores, véxase a montaña de papel que Ferreira de Castro, laboriosamente, escribiu, para producir unha das súas máis importantes obras: As Marabillas artísticas do mundo. En 1967 Ferreira de Castro doou a propiedade ao goberno autónomo, que se comprometeu, desde esa data, a mantela e conservala, proporcionando visitas guiadas a todos que o quixesen facer. A súa casa museo localízase na rúa Escritor Ferreira de Castro, en Ossela.
Recoñecementos
Existe unha biblioteca e unha escola secundaria co seu nome en Oliveira de Azeméis e unha escola secundaria e un museo en Sintra.
Obras
Emigrantes (1928) A Selva (1930) Eternidade (1933) Terra Fria (1934) Pequenos Mundos, Velhas Civilizações (1937) A Tempestade (1940) A Volta ao Mundo (1940 e 1944) A Lã e a Neve (1947) A Curva da Estrada (1950) A Missão (1954) As Maravilhas Artísticas do Mundo (Vol. I) (1959) As Maravilhas Artísticas do Mundo (Vol. II) (1963) O Instinto Supremo (1968)
Obras da Adolescencia e Xuventude
Criminoso por Ambição (1916) Alma Lusitana (1916) Rugas Sociais (1917) Mas ... (1921) Carne Faminta (1922) O Éxito Fácil (1923) Sangue Negro (1923) A Metamorfose (1924) A Boca da Esfinge (1924) Sendas de Lirismo e de Amor (1925) O Drama da Sombra (1926) A Epopeia do Trabalho (1926) A Morte Redimida (1925) A Peregrina do Mundo Novo (1926) A Casa dos Móveis Dourados (1926) O voo nas Trevas (1927) Sim, uma Dúvida Basta (1936)- publicado en 1994 O Intervalo (1936)- publicado en 1974 Os Fragmentos (1974)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Centro de Estudos Ferreira de Castro Casa-museu Ferreira de Castro em Ossela Museu Ferreira de Castro, Sintra Blog sobre Ferreira de Castro
Categoría:Xornalistas de Portugal Categoría:Escritores de Portugal Categoría:Nados no distrito de Aveiro Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1974