Manuel Vázquez Otero, nado na Estrada cara a 1900, foi un político galego.
Traxectoria Durante a República foi secretario da Casa del Pueblo da Estrada.El País, 7-8-1933, p. 3. Logo da folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido xunto con Manuel Coto Chan e Higinio Carracedo Ruzo acusados de cortar os fíos telegráfico e telefónico a noite do 5 ao 6 de outubro, deixando incomunicada a vila da Estrada; xulgados en novembro polo Tribunal de Urxencia, foron condenados a un ano, catro meses e un día de prisión,El Pueblo Gallego, 10-11-1934, p. 13. e en decembro foron trasladados á colonia penitenciaria do Dueso.El País, 14-12-1934, p. 2. Logo do triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936 foi indultado. Foi xefe da oficina de colocación obreira da Estrada.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e agochouse. Instruído procedemento por rebelión, aparecen requisitorias na prensa a principios de setembro.Diario de Pontevedra, 1-9-1936, p. 1.BOP A Coruña, 18-9-1936, p. 2. Estivo agochado na casa de Josefa Campos Plaza, de Guimarei.
Notas
Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados na Estrada Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes