As eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 celebráronse o 12 de xullo de 2020 para elixir os 75 membros da 11ª lexislatura do Parlamento da comunidade autónoma de Galicia. As eleccións celebráronse de xeito simultáneo coas eleccións ao Parlamento do País Vasco.

A comezos de febreiro de 2020, a posibilidade dun adianto electoral no País Vasco para o 5 de abril xerou especulacións sobre se o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, estaría disposto a adiantar as eleccións galegas para celebralas conxuntamente coas vascas, como ocorrera nos comicios de 2009, 2012 e 2016, malia as afirmacións anteriores de Feijóo de que a súa vontade non era a dun final prematuro da lexislatura. O 10 de febreiro, o lehendakari Iñigo Urkullu confirmou a data das eleccións vascas como o 5 de abril, o que motivou que Feijóo anunciase a fin da lexislatura galega e convocase eleccións para o mesmo día. Porén, o 16 de marzo anunciouse que as eleccións serían adiadas durante a duración da pandemia por coronavirus de 2019-2020 en España, pouco despois de que o Presidente Pedro Sánchez declarase o confinamento o día anterior. O 18 de maio anunciouse a nova data para a celebración dos comicios, tanto galegos como vascos, sendo esta o 12 de xullo de 2020.

O partido no goberno, o Partido Popular de Galicia de Feijóo mantivo o seu dominio respecto das eleccións anteriores, conservando case a mesma porcentaxe de votos e subindo un escano en relación ás eleccións de 2016. O Bloque Nacionalista Galego (BNG) recolleu a gran maioría dos votos perdidos por GeC–Anova–Mareas (GeC–AM), a alianza sucesoria de En Marea logo de varias divisións. O BNG ascendeu ata o segundo lugar e sumou 13 escanos máis dos 6 que xa tiña, o cal o sitúa no seu mellor resultado dende 1997. O Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG–PSOE) mantívose no terceiro posto, sen gañar nin perder ningún escano en comparanza coas eleccións anteriores. O apoio a GeC–AM caeu significativamente en comparación cos resultados de En Marea en 2016, non conseguindo superar o limiar electoral e perdendo todos os seus escanos. O partido de extrema dereita Vox, que viña de ver aumentar o seu apoio nas xerais de novembro de 2019, non conseguiu ningún representante.

Visión xeral Sistema electoral O Parlamento de Galicia é a institución lexislativa unicameral devolta á comunidade autónoma de Galicia, que ten poderes lexislativos en asuntos rexionais definidos de acordo coa Constitución española e o Estatuto de autonomía de Galicia, así como a habilidade de outorgar e retirar a confianza ao presidente da Xunta.

A votación baseouse no sistema de sufraxio universal, que inclúe tódolos cidadáns maiores de 18 anos rexistrados en Galicia e con pleno exercicio dos seus dereitos políticos. Ademais, os galegos no exterior tamén puideron pedir o voto para envialo antes das eleccións, nun sistema coñecido como "voto rogado". Os 75 membros do Parlamento de Galicia foron elixidos empregando o método D'Hondt e unha lista pechada de representación proporcional, cun limiar mínimo do 5% dos votos válidos (o que inclúe os votos en branco) aplicado en cada circunscrición. Os partidos que non superaron este limiar non se tiveron en conta para a distribución de asentos. O uso do método D'Hondt pode resultar nun limiar efectivo máis alto dependendo do tamaño da circunscrición electoral.

Os asentos asignáronse a distritos electorais, correspondentes ás provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, cada unha con 10 escanos mínimos iniciais e os 35 restantes distribuídos de xeito proporcional ós seus habitantes. Ao igual ca nas anteriores eleccións autonómicas de 2016, nestes comicios á Coruña correspondéronlle 25 escanos; a Lugo e mais a Ourense, 14; e a Pontevedra, 22.

Escolla da data A lexislatura do Parlamento de Galicia remata catro anos despois da data das eleccións anteriores, a non ser que se disolva antes. O decreto das eleccións emítese a máis tardar o vixésimo quinto día anterior á data de expiración do parlamento e publícase o día seguinte no Diario Oficial de Galicia (DOG), co día das eleccións fixado entre o quincuaxésimo cuarto e o sesaxésimo día dende a publicación. As eleccións anteriores celebráronse o 25 de setembro de 2016, o cal quere dicir que a lexislatura, sen adiantos electorais, expiraría o 25 de setembro de 2020. O decreto das eleccións debería estar publicado no DOG non máis tarde do 1 de setembro de 2020, co sábado 30 de outubro de 2020 como último día posible para a celebración das eleccións.

O presidente da Xunta ten a prerrogativa de disolver o Parlamento e convocar eleccións anticipadas, sempre e cando non ocorra antes de que teña transcorrido un ano dende unha disolución previa baixo este procedemento. No caso de que un proceso de investidura non poida elixir un presidente da Xunta dentro dun período de dous meses a partir da primeira votación, o Parlamento disolverase automaticamente e convocaranse novas eleccións.

A decisión do presidente catalán Quim Torra de anunciar o 29 de xaneiro de 2020 eleccións anticipadas, que se celebrarán nalgún momento do 2020, espertou preocupacións no goberno do lehendakari Iñigo Urkullu, cuxo partido, o Partido Nacionalista Vasco (PNV), tratou de previr que as vindeiras eleccións vascas cadrasen coas catalás, co obxectivo de evitar interferencias do debate político catalán na campaña vasca. Á súa vez, isto provocou un aumento de presión sobre o presidente de Galicia Alberto Núñez Feijóo para desvelar a data das eleccións galegas, provocando especulacións sobre se cadraría o calendario electoral co dunhas hipotéticas eleccións vascas, como sucedera nos anos 2009, 2012 e 2016, ou se deixaría que a lexislatura chegase á súa fin convocando eleccións no outono de 2020.

Preguntado sobre este tema o 7 de febreiro, Feijóo non descartou unha convocatoria de eleccións simultáneas coas vascas, mais reivindicou a súa autonomía para adoptar tal decisión e refusou discutir escenarios hipotéticos sobre a posibilidade de que Urkullu anunciase unhas eleccións anticipadas nos vindeiros días até que isto realmente ocorrese. La Vanguardia anunciou o 9 de febreiro que Feijóo podería estar interesado en aguantar até o outono para que cadrasen coas eleccións catalás, nun momento en que aínda non revelara se se presentaría por cuarta vez ó cargo. O 10 de febreiro, Urkullu confirmou que as eleccións vascas serían o 5 de abril, e Feijóo declarou que tomaría unha decisión para a escolla da data de xeito "inmediato" pero que esta decisión non se vería afectada polo anuncio de Urkullu. Finalmente, en resposta ao anuncio vasco, Feijóo convocou o seu goberno para unha reunión de urxencia ese mesmo día e decidiu convocar eleccións anticipadas que se celebrarían de xeito simultáneo coas eleccións vascas o 5 de abril.

Pandemia de coronavirus Co espallamento da pandemia por coronavirus de 2020 en Galicia, comezou a cuestionarse a idoneidade da celebración das eleccións na data prevista. O 12 de marzo suspendeuse a precampaña, mentres que a Xunta Electoral de Galicia deixou en mans dos partidos un posible adiamento. O BNG foi o primeiro partido en pedir dito aprazamento dos comicios autonómicos, petición á que se foron sumando pouco despois o resto de partidos. Finalmente as eleccións quedaron suspendidas sen fixarse unha nova data. Dous meses despois, o 18 de maio, anunciouse a nova data para a celebración dos comicios, tanto galegos como vascos, sendo o día elixido o 12 de xullo de 2020.

Contexto político O Presidente do Goberno de España, o galego Mariano Rajoy, perdera unha moción de censura en xuño de 2018 e fora sucedido por Pedro Sánchez, do PSOE. Após oito meses convulsos de goberno do PSOE en minoría, Sánchez convocou eleccións xerais para o 28 de abril de 2019, nas que por primeira vez en democracia o Partido Popular de Galicia non foi o partido máis votado en Galicia. O PP galego gañara todas as eleccións—xerais, municipais, europeas e autonómicas—dende a súa fundación en 1989. Nas eleccións municipais e europeas celebradas o 26 de maio de 2019, o Partido dos Socialistas de Galicia volveu ser o máis votado en Galicia e acadou a alcaldía das principais cidades agás Ourense e Pontevedra, cunha especialmente dolorosa derrota para Feijoo en Vigo, onde a candidatura do PP só sumou o 13% de votos mentres o socialista Abel Caballero era reelixido cunha avultada maioría absoluta do 67% dos votos. As vitorias electorais de 2019 e a relativa debilidade institucional do PP tras once anos de goberno na Xunta elevaron as expectativas dun retorno do PSdeG ao goberno baixo o liderado de Gonzalo Caballero, sobriño do alcalde de Vigo.

O espazo político de En Marea, que nas anteriores eleccións ao Parlamento conseguira 14 escanos e superara ao PSdeG como segunda forza política, crebou por mor das disputas internas. A finais de 2018, unha crise relacionada coa elección dun novo liderado do partido deveu nunha división entre os membros partidarios de Villares e os membros dos partidos fundadores de En Marea, Podemos, Anova-Irmandade Nacionalista (Anova) e Esquerda Unida (EU). Villares foi elixido como novo líder de En Marea o 24 de decembro de 2018 no medio de acusacións de fraude electoral, o cal provocou que Podemos, Anova e EU abandonasen En Marea considerándoo como un proxecto político "errado". Os parlamentarios de Podemos, Anova e EU formaron o Grupo Común da Esquerda no Parlamento de Galicia en setembro de 2019. Podemos e EU participaron tanto nas eleccións de abril como nas de novembro de 2019 baixo a marca En Común–Unidas Podemos, formando o subgrupo Galicia en Común dentro de Unidas Podemos no Congreso dos Deputados. En febreiro de 2020, antes das eleccións galegas, Villares anunciou que non se presentaría ós comicios e que a finais dese mes abandonaría a política.

Status parlamentario O Parlamento de Galicia foi disolto oficialmente o 11 de febreiro de 2020, despois da publicación do decreto de disolución no Diario Oficial de Galicia. A táboa que se amosa abaixo amosa a composición dos grupos parlamentarios da cámara no momento da disolución.

+ Composición do Parlamento en febreiro de 2020 Grupos Partidos Lexisladores Asentos Total Partido Popular de Galicia PPdeG 41 41 Socialistas de Galicia PSdeG–PSOE 14 14 Grupo Común da Esquerda Podemos 6 9 EU 1 Anova 1 MA 1 Bloque Nacionalista Galego BNG 6 6 Mixto En Marea 5 5

Partidos e candidatos

A lei electoral permite a partidos e alianzas políticos rexistrados no Ministerio do Interior, así como coalicións e grupos de electores para presentar listas de candidatos. Os partidos e as federacións que prtendían formar unha coalición antes dunha elección debían informar á Comisión Electoral pertinente dentro dos dez días da convocatoria electoral, mentres que as agrupacións de electores debían asegurar a sinatura de cando menos o un por cento do electorado nos distritos electorais para os cales se presentaban, impedindo que os electores asinasen para máis dunha lista de candidatos.

A continuación amósase unha lista dos principais partidos e alianzas electorais que disputaron as eleccións:

Candidatura Partidos ealianzas Líder Ideoloxía Resultado anterior Votos (%) Escanos PP Partido Popular (PP) 50px Alberto Núñez Feijóo Conservadorismo 47,56% Marea Galeguista*En Marea *Compromiso por Galicia

*Partido Galeguista 50pxPancho CasalNacionalismo galego19,07%Rsultados de En Marea nas eleccións de 2016.GeC–Anova–Mareas * Podemos (Podemos)* Esquerda Unida (EU)* Anova-Irmandade Nacionalista (Anova)* Marea Atlántica (Marea Atlántica)* Compostela Aberta (CA)50pxAntón Gómez-ReinoDemocracia participativaSocialismo democrático PSdeG–PSOE Partido dos Socialistas de Galicia(PSdeG–PSOE) 50px Gonzalo Caballero Socialdemocracia 17,87% BNG Bloque Nacionalista Galego (BNG) 50px Ana Pontón Nacionalismo galegoExtrema esquerda 8,33% Cs Cidadáns-Partido da Cidadanía (Cs) 50px Beatriz Pino Liberalismo 3.38% Vox Vox 50px Ricardo MoradoConservadorismo colspan="2"