Na mitoloxía grega, Pasítea (en grego antigo Πασιθέα Pasithea, "relaxación"), era unha das Cárites (en grego antigo Χάριτες), máis coñecidas como as tres Grazas, e era a personificación da relaxación, a meditación, as alucinacións e todos os demais estados alterados da conciencia. miniatura|As tres Grazas, por Antonio Canova (Ermitage, San Petersburgo) Adoita dicirse que estas tres deidades eran fillas de Zeus e Eurímone, pero segundo o poeta Nono de Panópolis era filla de Hera,Nono, Dionisíacas, 31.103. e de Dioniso.Nono, Dionisíacas, 15.87; 33.4.

Familia Pasítea estaba casada con Hipnos, o deus do sono.Homero, Ilíada, 14.268, 276

As súas irmás eran Aglaia ("a resplandecente"), Eufrósine ("a alegría") e Thalía ("a florecente"). Na mitoloxía romana coñecíanse como as Gratiae, as "Grazas".

No libro 14 da Ilíada de Homero, Pasítea era unha das Cárites máis xoves. Hera prometeuna en matrimonio a Hipnos, o deus do sono a cambio dun favor: se o axudaba a dormir a Zeus.

Outra Pasítea Segundo Hesíodo, Pasítea era tamén o nome de unha das Nereidas.Hesíodo, Teogonía pp. 240 e seg.

Notas

Categoría:Deusas gregas Categoría:Descendentes de Zeus