O Eligiuspreis (en galego: Premio Santo Eloi ou Premio Santo Elixio) é un premio outorgado con periodicidade anual pola Sociedade Numismática Alemá (Deutsche Numismatische Gesellschaft -DNG-) ás persoas que se distinguisen polo seu labor no terreo da numismática. O Eligiuspreis toma o seu nome de Santo Elixio ou Santo Eloi de Noyon, patrón dos numismáticos e dos coleccionistas de moedas."Eligiuspreis der DNG". Sitio web da DNG.

Historia esquerda|miniatura|180x180px|Detalle da medalla, que representa a Santo Eloi cuñando unha moeda O premio toma o relevo dun precedente que estivo vixente entre 1978 e 1995, creado cun propósito semellante por iniciativa de Gerd Frese, daquela presidente da Federación de Asociacións de Moedas de Alemaña, antecedente da DNG."Eligiuspreis 1978-1995". Sitio web da DNG."Vorsitzende/Präsidenten der Deutschen Numismatischen Gesellschaft". Sitio web da DNG.

As persoas elixibles son numismáticos non especialistas, tanto de Alemaña coma do estranxeiro, que fagan as súas publicacións acerca dalgún aspecto da numismática desde o seu propio coñecemento como coleccionistas, que deben ser traballos documentados científica e historicamente e escritos en alemán. No caso de recaer nunha persoa de nacionalidade alemá, esta terá que ser necesariamente socia dalgunha das entidades adheridas á Sociedade Numismática Alemá.Numismatisches Nachrichtenblatt. Nº 12. Páxina 297. Deutsche Numismatische Gesellschaft .1977.

O xurado independente é nomeado polo presidente da Sociedade e está composto por persoas relacionadas coa numismática en calquera dos seus ámbitos. En caso de empate entre os votos, o presidente ten un voto de calidade. Desde 1996 a 2013, o xurado estivo presidido polo numismático alemán Bernhard Overbeck (1942-2018) e a partir desa data o seu presidente foi Albert Raff.

En cada edición concédese tamén a categoría Jugendpreis ("premio á xuventude"), polos méritos demostrados por numismáticos novos.

O premio consiste na entrega dunha medalla e leva aparellada a concesión dunha asignación económica. A primeira versión da Medalla Eligius estivo vixente entre 1982 e 1991 e foi deseñada polo escultor e medallista renano Hans Karl Burgeff. A partir de 1992 a medalla substituíuse por outra de novo deseño, da autoría do arquitecto e medallista Peter Götz Güttler, de Dresden.

Galardoados Premio anterior Premiados antes da denominación de Eligiuspreis:

1978: Klaus Sommer. 1979: Ulrich E. G. Schrock. 1980: Bernd Sprenger. 1981: Martin Heinz. 1982: Klaus Sommer. 1983: Hans Herrli. 1984: Jürgen Denicke. 1985: (non outorgado). 1986: Walter Kühn. 1987: Klaus Sommer. 1988: (non outorgado). 1989: Walter Kühn. 1990: Fritz Georg Sietz. 1991: Eduard Tschachtli. 1992: Eberhard Auer. 1993: (non outorgado). 1994: (non outorgado). 1995: (non outorgado).

Eligiuspreis Premiados baixo a nova denominación de Eligiuspreis:

1996: Wolfgang Hahn."Eligiuspreisträger 1996-2005". Sitio web da DNG. 1997: Gerd Martin Forneck e Konrad Schneider. 1998: Karl Gebhardt. 1999: Hans Dietrich e Sabine Schultz. 2000: Klaus Marowsky. 2001: Hans-Dieter Dannenberg. 2002: Tyll Kroha. 2003: Manfred Mehl. 2004: Christian Dekesel e Peter Berghaus. 2005: Hans-Jörg Kellner. 2006: Hubert Ruß."Eligiuspreis 2006". Sitio web da DNG. 2007: Arnold Schwede."Eligiuspreis 2007". Sitio web da DNG. 2008: Monika Lücke."Eligiuspreis 2008". Sitio web da DNG. 2009: Peter Götz Güttler."Eligiuspreis 2009". Sitio web da DNG. 2010: Reiner Cunz."Eligiuspreis 2010". Sitio web da DNG. 2011: Paul Arnold."Eligiuspreis 2011". Sitio web da DNG. 2012: Günter Unshelm."Eligiuspreis 2012". Sitio web da DNG. 2013: Klaus Giesen."Eligiuspreis 2013". Sitio web da DNG. 2014: Heinz Thormann."Eligiuspreis 2014". Sitio web da DNG. 2015: Wolfgang Steguweit."Eligiuspreis 2015". Sitio web da DNG."Eligiuspreis für Wolfgang Stegweit". En MünzenWoche. 29 de xullo de 2015. 2016: Eberhard Auer e Peter Hammer."Eligiuspreis 2016". Sitio web da DNG. 2017: Ulrich Klein. 2018: Fritz Rudolf Künker."Eligius-Preis 2018 für Fritz Rudolf Künker". En Numismatisches Nachrichtenblatt. Xaneiro de 2018. Páxina 42."Fritz Rudolf Künker erhält Eligius-Preis 2018". En MünzenWoche. 10 de maio de 2018. 2019: Rainer Albert."Eligiuspreis 2019". En Numismatisches Nachrichtenblatt. Febreiro de 2019. Páxina 66. 2020: Elke Bannicke e Lothar Tewes."Eligiuspreis 2020 und 2021 vergeben". En Münzen Woch. 17 de decembro de 2020. 2021: Peter Ilisch. 2022: Ralf Fischer."Eligiuspreis 2022, Ralf Fischer zu Cramburg". Sitio web da DNG."Eligius-Preis 2022 für Ralf Fischer zu Cramburg". En Münzen Woche. 8 de setembro de 2922. 2023: Ulf Dräger."Eligiuspreis 2023 - Ulf Dräger". En Numismatisches Nachrichtenblatt. Marzo de 2023. Páxina 108. 2024: Albert Raff."Eligiuspreis 2024, Albert Raff". Sitio web da DNG.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Sociedade Numismática Alemá

Ligazóns externas

Sitio web da Sociedade Numismática Alemá

Categoría:Premios de numismática Categoría:Premios de Alemaña