O Rally Sur do Condado de 2019 foi a 16ª edición de dito rally e a quinta proba da tempada 2019 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse do 12 ao 14 de xullo de 2019 e o vencedor foi Víctor Senra.

Itinerario Constou de nove treitos: Covelo-Mondariz, Ponteareas, Salvaterra de Miño e Salceda de Caselas, con dúas pasadas por cada un deles, así como un treito máis curto por Arbo. Este último xunto co de Salvaterra disputáronse en formato de bucle, dando dúas voltas ao "circuíto".

Inscritos Inscribíronse 130 equipos, destacando as presenzas do líder do campionato, Víctor Senra, e dos seus máximos rivais polo título, Iago Caamaño e Alberto Meira, sendo este último o vencedor das catro últimas edicións do rally, así como o piloto máis laureado da proba, con seis vitorias.

Resumo Alberto Meira comezou liderando, ao marcar os mellores tempos nos dous primeiros treitos, por diante de Iago Caamaño. O máis rápido no terceiro tramo foi Víctor Senra, pero mantendo Meira o liderado, até que un trompo no cuarto tramo, en Ponteareas, deixou ao piloto de Gondomar case sen opcións. Con todo, gañou o quinto treito, mentres que o sexto foi para Iago Caamaño. Pola súa banda, Manuel Fernández Estévez, o máis regular do rally, gañou o sétimo treito e colocouse líder da proba a falta dos dous últimos tramos, aproveitando unha picada de roda de Senra e o abandono de Iago Caamaño tras perder unha roda. Meira foi o máis veloz no penúltimo treito, con Fernández segundo, quen deste xeito aumentou a súa vantaxe sobre Senra. Pero o piloto de Dumbría conseguiu vencer no último tramo, con 11 segundos de vantaxe sobre Meira e 18 sobre Fernández, logrando así a súa terceira vitoria da tempada e a primeira neste rally. Manuel Fernández e Alberto Meira acompañárono no podio.

Clasificación PosPilotoCopilotoVehículoEquipoTempo1 Víctor Senra Moncho LópezCitroën C3 R5Yacar Racing54:35.6582 Manuel Fernández Alejandro CidFord Fiesta R5T. Martínez Racing54:49.6323 Alberto Meira José MuradoCitroën DS3 R5Recalvi Team55:06.0984 Jorge Cagiao Amelia BlancoRenault Clio N5Recalvi Team55:40.1845 David González "Couceiro" Gustavo PirisFord Fiesta R5Rías Baixas55:55.6516 Jorge Pérez Oliveira Avelino MartínezRenault Clio N5Galicia Motorsport57:08.1747 Tino Iglesias Jorge IglesiasFord Fiesta N5Desguaces Tino Racing58:32.8958 Francisco Dorado Roi TorrentePeugeot 208 R2Miño-Lugo59:04.4509 Jorge Pérez Alonso Herminio GonzálezBMW M3Barbadás1h00:08.39410 Hugo Martínez Álvaro VilaBMW M3 E36Desguaces Tino Racing1h00:34.97111 David Rivas José ViéitezCitroën C2RVS Motorsport1h00:55.90312 Celestino Iglesias Duarte Bárbara GómezFord Fiesta R2Desguaces Tino Racing1h01:29.40813 Raúl Martínez Óscar MartínezCitroën C2 GTCongostra Team Sanxenxo1h01:32.29814 Rubén Ojea José Ramón SeoaneCitroën C2 R2 MAXRías Baixas1h01:33.28015 Sergio Otero José Antonio GonzálezPeugeot 206 RCSurco1h01:45.33616 Diego Vila Álex AlonsoCitroën Saxo VTSDona Urraca1h01:53.35417 Marcos Rodríguez Daniel RodríguezCitroën C2Surco1h01:58.60118 Jorge García Carmen BorrajoPeugeot 106 Kit CarT. Martínez Racing1h02:00.82219 Joaquín Pérez Adrián MuñizPeugeot 206 XSPontevedra 1984 Team1h02:01.97920 José Manuel Cabezas Luis Miguel PregoPeugeot 106 GTIRVS Motorsport1h02:42.71521 Miguel Rodríguez Roberto PáramosCitroën C3 N5Rías Baixas1h02:46.71722 Isaac Durán Hugo VarelaPeugeot 206 XSSurco1h02:56.12723 Rubén Puime Ezequiel SalgueiroPeugeot 206Pontevedra 1984 Team1h03:07.88524 Marcos Díaz Días Víctor LópezFord Sierra RS CosworthSarria Motor1h03:10.52125 Javier Andrade Joel SoutoBMW 320iRías Baixas1h03:18.75326 Jacobo Campos Cristian CamposCitroën SaxoDona Urraca1h04:07.92827 Miguel Ángel Caeiro Sergio IglesiasPeugeot 106 S16Cuntis V.T.1h04:18.76028 Eduardo González José Antonio AbalFord Fiesta R2Congostra Team Sanxenxo1h04:34.56629 Cristian Lamas Álvaro PazCitroën C2 GTLuintra1h04:45.49630 Rodrigo Vila Daniel GonzálezCitroën AX GTIDona Urraca1h04:50.84331 Rubén Fernández Rubén OrgePeugeot 206 RCBuxa Motor Poio1h05:04.00632 Pablo Blanco Ian QuintanaPeugeot 106 GTIOurense1h05:05.84833 Juan Carlos García Rafael PortasPeugeot 106 GTICongostra Team Sanxenxo1h05:22.40734 Diego González Diego García DíazCitroën SaxoMoeche1h05:35.63535 Óscar González Antonio GonzálezCitroën Saxo VTSMRT1h05:39.19036 Alfonso Prieto Gonzalo CardaldaPeugeot 205 RallyDesguaces Tino Racing1h05:52.73937 Yonathan Otero Ricardo GonzálezPeugeot 106 RallySurco1h05:54.28438 Alberto Muíños Samuel RodríguezPeugeot 106 RallyDona Urraca1h06:03.20339 Heriberto Atán Gabriel RodríguezVolkswagen GolfSenra Sport1h06:09.57340 Diego Fontán José Antonio ZúñigaPeugeot 106 Maxi ProtoRecalvi1h06:29.873

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Clasificación completa do rally Revista oficial Rally Sur do Condado 2019 en ewrc.com .

Categoría:Rally Sur do Condado Categoría:Tempada 2019 do Campionato de Galicia de Rally