Iolanda ou Violante de Anjou, nada en Nancy o 2 de novembro de 1428 e finada tamén en Nancy o 23 de marzo de 1483, foi duquesa de Lorena (1473) e de Bar (1480), filla de Renato I, rei de Nápoles, duque de Anjou, de Bar e Lorena, conde da Provenza, e Isabel, duquesa de Lorena.

Traxectoria

Casou en 1445 en Nancy co seu primo Federico II de Lorena (1420 - 1470), conde de Vaudémont. Este matrimonio puxo fin ao litixio que había entre os pais dos dous cónxuxes, con respecto á sucesión do ducado de Lorena. Tiveron a:

Renato II (1451 - 1508), conde de Vaudémont, duque de Lorena e Bar. Nicolau, señor de Joinville e Bauffremont, morreu preto de 1476. Pedro, morto en 1451. Xoana (1458 - 1480), casou en 1474 con Carlos IV, conde do Maine (1436 - 1481). Iolanda, morta en 1500, casou en 1497 con Guillerme II, landgrave de Hesse (m. 1509). Margarida (1463 - 1521), casou en 1488 con Renato (1454 - 1492), duque de Alençon. Foi declarada beata.

En 1473, á morte do seu sobriño Nicolau de Lorena, herdou o ducado de Lorena e pasoullo inmediatamente ao seu fillo, Renato II. Fixo o mesmo en 1480, á morte do seu pai, co ducado de Bar.

Categoría:Nados en 1428 Categoría:Finados en 1483 Categoría:Duques de Lorena Categoría:Duques de Bar Categoría:Nados no departamento de Meurthe e Mosela