Die Unberührbare é un filme alemán de 2000 dirixido por Oskar Roehler. Está protagonizado por Hannelore Elsner que interpreta a Gisela Elsner, unha escritora de mediana idade con tendencias suicidas que viaxa por Alemaña nun período de crise persoal.
Gañou o premio ó mellor filme na 50ª edición do Deutscher Filmpreis "Lola Awards" en xuño de 2000, e Elsner gañou o premio de mellor actriz pola súa interpretación. Foi escollido como candidato de Alemaña para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 73ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado. En abril de 2001, gañou o Tulipán de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Istambul.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Alemaña propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 73ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2000 Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes dirixidos por Oskar Roehler Categoría:Filmes ambientados en 1989 Categoría:Filmes ambientados en Berlín