Lola rennt é un filme alemán de 1998 escrito e dirixido por Tom Tykwer. Está protagonizado por Franka Potente no papel de Lola e Moritz Bleibtreu como Manni. Conta a historia dunha muller que necesita obter 100 000 marcos alemáns en vinte minutos para salvar a vida do seu mozo.

Lola rennt estreouse no Festival Internacional de Cinema de Venecia, onde competiu polo León de Ouro. O filme foi escollido como candidato de Alemaña para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 71ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences

Sinopse O filme comeza con Lola contestando unha chamada telefónica do seu mozo, Manni. El é un criminal de pouca categoría e perdeu nun tren 100 000 marcos que pertencen ao seu xefe. Manni ten que entregar os cartos ao seu xefe antes de que transcorran vinte minutos. Teme que o maten se descobre a perda e decide roubar un supermercado próxima. Lola prégalle que a espere e dille que ela conseguirá o diñeiro dalgún xeito. Como lle roubaron a moto, terá que correr.

O filme divídese en tres "carreiras". Cada unha comeza do mesmo xeito: tras tirar o teléfono, Lola sae correndo do apartamento mentres a súa nai lle pide que merque xampú. Cada carreira desenvólvese dunha forma diferente con distintos resultados.

Personaxes Franka Potente como Lola Moritz Bleibtreu como Manni Herbert Knaup como pai de Lola Nina Petri como Frau Hansen Armin Rohde como Herr Schuster Joachim Król como Norbert von Au Ludger Pistor como Herr Meier Suzanne von Borsody como Frau Jäger Sebastian Schipper como Mike Julia Lindig como Doris Lars Rudolph como Herr Kruse Ute Lubosch como Mama Monica Bleibtreu como a muller cega Heino Ferch como Ronnie Hans Paetsch como narrador

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Alemaña propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 71ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en Metacritic

Categoría:Filmes de 1998 Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes dirixidos por Tom Tykwer Categoría:Filmes ciberpunk Categoría:Filmes de Sony Pictures Classics Categoría:Filmes ambientados en Berlín