Víctor Morelli Sánchez-Gil, nado na Coruña o 19 de setembro de 1860 e finado en Madrid o 20 de abril de 1936, foi un oficial da Garda Civil e pintor galego de temática militar (batallas e retratos).
Traxectoria O seu pai, Vicenzo Morelli Bartolami, era de ascendencia italiana e foi cantante de ópera, e a súa nai, Pastora Sánchez-Gil Taboada, coruñesa, que tamén era unha fervente afeccionada da música. Víctor ingresou en 1878 como soldado no Rexemento de Infantaría Asia Nº 59, para pasar despois á Academia de Infantería de Toledo. Aos catro anos ascendeu a alférez, sendo o seu primeiro destino Barcelona, onde estudou debuxo e pintura no taller de Jose Serra Porsón.
Cando chegou destinado a Madrid seguiu os estudos no Círculo de Bellas Artes, formando parte do grupo de copistas do Museo Nacional del Prado. Tamén viaxou por Italia. Sabía tocar o piano e o violín e tiña voz de barítono. Veraneaba na súa casa de Almeiras, Culleredo. En 1887 solicitou o pase á Garda Civil co grao de tenente primeiro, chegando a ser coronel en activo e xeneral inspector honorario do corpo ao pase á situación de reserva.
Teñen obra súa, entre outras institucións, o Museo do Prado,Museo Nacional del Prado . o Museo de Belas Artes da Coruña,Víctor Morelli Sánchez Gil no Museo de Belas Artes da Coruña a Academia de Cabalería de Valladolid, o Museo de Intendencia de Ávila, o Museo do Exército e o Museo Militar Rexional da Coruña.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Bibliografía
, José María (2017) "Morelli. Pintor de batallas y generales" Asociación Amigos del Museo de Getafe .
Ligazóns externas Bibliografía en pintoresgallegos.com , Luís Miguel (2/4/2010) "Víctor Morelli, militar y pintor" Espacio Cusachs.
Categoría:Pintores de Galicia do século XIX Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1860 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Gardas civís Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Militares de Galicia Categoría:Pintores de Galicia coa obra no dominio público