Mária Telkes, nada en Budapest o 12 de decembro de 1900 e finada o 2 de decembro de 1995, foi unha física e química húngara, pioneira e inventora que traballou en tecnoloxías de enerxía solar. Trasladouse aos Estados Unidos de América logo de obter o seu doutoramento en fisicoquímica.
Carreira Telkes traballou como biofísica nos Estados Unidos, e de 1939 a 1953, investigou sobre a enerxía solar no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts.
Telkes é coñecida por inventar o primeiro xerador termoeléctrico en 1947, e deseñou o primeiro sistema de calefacción solar para a Casa Solar de Dover, Massachusetts deseñada por Eleanor Raymond,Rooney, Anne. Solar Power. Gareth Stevens, Inc. (2008) e o primeiro refrixerador termoeléctrico en 1953.
Foi unha prolífica inventora de dispositivos termoeléctricos, incluíndo unha unidade portátil de desalinización para uso en botes salvavidas, que utilizan enerxía solar e condensación para obter auga potable por destilación solar.
Telkes é considerada unha das fundadoras dos sistemas de almacenamento de enerxía solar, por ese motivo foi chamada a "raíña solar". Mudouse a Texas nos 70 e asesorou moitas compañías pioneiras no campo da enerxía solar.
Premios 1952 Premio Society of Women Engineers. 1977 American Solar Energy Society - Premio Charles Greeley Abbot 2012 National Inventors Hall of Fame
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Inventores Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1995 Categoría:Científicos de Hungría Categoría:Nados en Budapest