Eugénio de Castro e Almeida, nado en Coímbra o 4 de marzo de 1869 e finado na mesma cidade o 17 de agosto de 1944, foi un poeta portugués.
Traxectoria Ao redor de 1889 rematou o Curso Superior de Letras (en Lisboa), vindo máis tarde a ensinar na Facultade de Letras da Universidade de Coímbra. Nese mesmo ano fundou a revista Os Insubmissos con João Menezes e Francisco Bastos. Colaborou coa revista que fundou e coa revista Boémia nova, ambas seguidoras do Simbolismo francés. Tivo tamén colaboración en varias publicacións periódicas do século XIX, especialmente: A prensa (1885-1891), Ave azul (1899-1900), A semana de Lisboa (1893-1895), A lectura (1894-1896), Branco e Negro (1896-1898); nas dúas series da Illustração Portuguesa: Illustração Portuguesa (1884-1890) e Illustração portugueza (iniciada en 1903), e aínda, en diversas revistas do século XX, entre as cales a revista Serões (1901-1911), Atlântida (1915-1920), Contemporânea (1915-1926), Revista de turismo iniciada en 1916, no periódico O Azeitonense (1919-1920) e na revista Ilustração (iniciada en 1926). En 1890 entrou para a historia da literatura portuguesa co lanzamento do libro de poemas Oaristos, marco inicial do Simbolismo en Portugal.
Obra
A obra de Eugénio de Castro pode ser dividida en dúas fases: na primeira, a fase simbolista, que corresponde á súa produción poética até o fin do século XIX, Eugénio de Castro presenta algunhas características da Escola Simbolista, como o uso de rimas novas e raras, novas métricas, sinestesias, aliteracións e vocabulario máis rico e musical.
Na segunda fase ou neoclásica, que corresponde aos poemas escritos xa o século XX, vemos un poeta volto á Antiguidade Clásica e ao pasado portugués, revelando un correcto saudosismo, característico das primeiras décadas do século XX en Portugal. Vida persoal
Casou o 22 de maio de 1898 con Brígida Augusta Correia Portal, e dese casamento naceron seis fillos. Recoñecementos
Foi homenaxeado en Coímbra a través da asignación do seu nome a unha escola da cidade - a Agrupación de Escolas Eugénio de Castro. O 11 de abril de 1939, foi agraciado co grao de Grã-Cruz da Orde Militar de Sant'Iago da Espada. En 1949 o Concello de Lisboa homenaxeou o escritor dándolle o seu nome a unha rúa xunto á Avenida da Igrexa, en Alvalade.
Obras
Cristalizações da Morte (1884) Canções de Abril (1884) Jesus de Nazareth (1885) Per Umbram (1887) Horas Tristes (1888) Oaristos (1890) Horas (1891) Sylva (1894) Interlúnio (1894) Belkiss (1894) Tirésias (1895) Sagramor (1895) Salomé e Outros Poemas (1896) A Nereide de Harlém (1896) O Rei Galaor (1897) Saudades do Céu (1899) Constança (1900) Depois da Ceifa (1901) A Sombra do Quadrante (1906) O Anel de Polícrates (1907) A Fonte do Sátiro (1908), O Cavaleiro das Mãos Irresistíveis (1916) Camafeus Romanos (1921) Tentação de São Macário (1922) Canções desta Negra Vida (1922) Cravos de Papel (1922) A mantilha de Medronhos (1923) A Caixinha das Cem Conchas (1923) Descendo a Encosta (1924) Chamas duma Candeia Velha (1925) Éclogas (1929) Últimos Versos (1938)
Notas
Véxase tamén Bibliografía Albano Martins, Júlio Resende (1987). Antologia de Eugénio de Castro.
Categoría:Alumnos da Universidade de Coímbra Categoría:Nados en Coímbra Categoría:Poetas de Portugal Categoría:Escritores de Portugal Categoría:Finados en 1944 Categoría:Nados en 1869