Die geliebten Schwestern é un filme alemán de 2014 escrito e dirixido por Dominik Graf. O filme baséase na vida do poeta alemán Friedrich Schiller (1759–1805) e a súa relación con dúas irmás, Caroline e Charlotte von Lengefeld. Schiller finalmente casou con Charlotte von Lengefeld.
O filme foi nomeado ó Oso de Ouro na 64ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín, e tivo a súa estrea internacional neste festival. Foi escollido como candidato de Alemaña para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 87ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Personaxes Henriette Confurius como Charlotte von Lengefeld Florian Stetter como Friedrich Schiller Hannah Herzsprung como Caroline von Beulwitz Claudia Messner como Madame Lengefeld Ronald Zehrfeld como Wolzogen Andreas Pietschmann como Friedrich von Beulwitz Maja Maranow como Frau von Stein Peter Schneider como Christian Gottfried Körner Anne Schäfer como Charlotte von Kalb Michael Wittenborn como Knebel Thomas Kornack como Kutscher in Weimar Christine Zart como Housekeeper Stein
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Alemaña propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 87ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
Ficha en Metacritic
Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes biográficos sobre escritores Categoría:Filmes sobre irmás