miniatura|Logotipo creado polo movemento feminista estudantil de Londres que fai alusión á popular mensaxe do metro "Mind the Gap" ("Coidado coa fenda") para chamar a atención coa diferenza salarial de xénero. A diferenza salarial de xénero (tamén coñecida como fenda salarial de xénero) é a diferenza entre as retribucións salariais dos homes e das mulleres expresada como unha porcentaxe do salario masculino, de acordo coa OCDE.OECD OECD. Consultado o 12 de xullo de 2011.
A Comisión Europea define a fenda salarial de xénero como «a diferenza relativa no ingreso bruto media de mulleres e homes dentro da economía no seu conxunto». Existe unha variedade de teorías sobre como e por que as mulleres enfrontan discriminación no mercado laboral. Por exemplo, un empregador ou un cliente poden subestimar as habilidades das empregadas ou os mesmos compañeiros de traballo homes poden resistirse a traballar con mulleres. En xeral estas actitudes non están dirixidas a todas as traballadoras senón a aquelas que ocupan postos de maior responsabilidade e status.
Fenda salarial axustada e non axustada É importante diferenciar entre a diferenza salarial axustada e a non axustada. O cálculo non axustado da diferenza salarial de xénero non ten en conta as diferenzas persoais á hora de estabelecer a comparación, por exemplo, idade ou educación, nin tampouco as características do posto de traballo, como por exemplo, sector de actividade.
Unha parte da fenda salarial non axustada pode atribuírse ao feito de que as mulleres opten por traballos de media xornada con máis frecuencia que os homes e que tenden a traballar en sectores con menor salario medio. O resto das diferenzas salariais, que non poden ser explicadas por variábeis que se supoñen que inciden no salario e que se deben a opcións persoais, denomínanse fenda salarial axustada e interprétanse como discriminatorias.
Un informe de 2010 publicado pola Fundación Europea para a Mellora das Condicións de Vida e de Traballo, mostrou que, aínda que as mulleres tenden a participar máis a miúdo no traballo a tempo parcial e toman máis frecuentes e máis longas interrupcións da carreira que reducen a permanencia no emprego, as diferenzas na fenda salarial en Europa –que en 2007 se situaba no 17,6 % (Eurostat)– aprécianse no pagamento por hora e non no total. É dicir, que as mulleres cobran menos por hora de traballo en todas as áreas. Nunha hora de traballo a media salarial das mulleres está un quinto por baixo do nivel dos homes. Iso non toma en conta o número de horas traballadas nin os tipos de contrato de traballo. A Eurofund chegou á conclusión de que as principais razóns para a fenda salarial están relacionadas frecuentemente con segregacións tanto horizontais como verticais. As mulleres tenden a traballar nas profesións peor pagas e chegan a un teito de cristal nas súas carreiras. Ademais padecen unha valoración menos favorábel dos seus traballos. As orixes dos devanditos factores poderían ser xulgados como discriminatorios en si mesmos, sendo isto debido ao arraigamento dos estereotipos de xénero en canto a profesións tipicamente percibidas como femininas ou masculinas, sendo as profesións consideradas «femininas» as peores pagas.Fundación Europea para la Mejora de las Condiciones de Vida y de Trabajo (2010). Addressing the gender pay gap: Government and social partner actions, p. 28.
Non só ás mulleres cústalles máis chegar a postos xerenciais senón que unha vez no cargo cobran menos que un xerente home.Àngels Barceló: "¿Por qué una mujer cobra menos que un hombre?" , El Objetivo, LaSexta.
Algúns exemplos publicados sobre o tema pódense ver nos artigos do xornal que fan referencia á diferenza salarial tanto nos países latinoamericanos como no territorio específico da Arxentina.
Perspectiva histórica Unha extensa metaanálise de Doris Weichselbaumer e Rudolf Winter-Ebmer (2005) de máis de 260 estudos de fenda salarial axustada publicados en máis de 60 países revelou que, desde a década de 1960 até a década de 1990, os diferenciais de salarios brutos en todo o mundo descenderon substancialmente ao redor do 65% a 30%. A maior parte desta diminución, con todo, debeuse a unha mellor dotación de mulleres no mercado laboral. As 260 estimacións publicadas mostran que o compoñente inexplicado da fenda non diminuíu co tempo. Utilizando as súas propias especificacións, Weichselbaumer e Winter-Ebmer atoparon que a diminución xeral anual da fenda salarial de xénero equivalería a un lento 0.17 puntos log, o que implica un nivel lento de converxencia entre os salarios dos homes e das mulleres.
Outra metaanálise de 41 estudos empíricos sobre a fenda salarial realizada en 1998 atopou unha tendencia temporal similar nas fendas salariais estimadas, unha diminución de aproximadamente 1% por ano.
Segundo o economista Alan Manning da London School of Economics en 2006 o proceso de peche da fenda salarial de xénero desacelerouse substancialmente, e as mulleres poderían gañar menos que os homes durante os seguintes 150 anos debido á discriminación e políticas gobernamentais ineficaces.
Motivos Factores específicos de xénero, incluídas as diferenzas de xénero nas cualificacións e a discriminación, e a estrutura salarial xeral, as recompensas polas habilidades e o emprego en sectores específicos, inflúen de maneira importante na fenda salarial de xénero.
Discriminación A discriminación sexual cítase frecuentemente como un factor que inflúe na diferenza salarial de xénero. Un estudo, encargado polo Departamento de Traballo dos Estados Unidos, concluíu que non é posíbel determinar con exactitude a influencia de cada factor no total da fenda salarial. Aproximadamente catro de cada dez mulleres traballadoras (42%) dixeron experimentar discriminación de xénero no traballo. Segundo o Pew Research Center, nos Estados Unidos, unha de cada catro mulleres dixeron que gañaron menos que un home que estaba a facer o mesmo traballo; a diferenza do 5% dos homes dixeron que gañaron menos que unha muller que fai o mesmo traballo. Nunha enquisa do Pew Research Center, o 77% das mulleres e o 63% dos homes dixeron que os Estados Unidos necesita continuar facendo cambios para dar igualdade a homes e mulleres no lugar de traballo.
Maternidade e coidado de familiares Un estudo da National Bureau of Economic Research de xaneiro de 2018 descubriu que unha proporción cada vez maior da fenda salarial de xénero entre 1980 e 2013 débese á crianza. O fenómeno dos salarios máis baixos debido á maternidade denominouse a penalidade da maternidade.
A maternidade tamén pode afectar as opcións de traballo. Nun rol tradicional, as mulleres son as que abandonan a forza de traballo temporalmente para coidar aos seus fillos. Como resultado, as mulleres tenden a aceptar empregos peor remunerados porque é máis probábel que teñan horarios máis flexíbeis en comparación cos empregos mellor pagos. Tamén a maternidade fai que as mulleres sexan menos contratadas, xa que os xerentes tenden a evitar as mulleres que poden ser nais pola licenza.
Nunha enquisa de 2013 do Pew Research Center feita nos Estados Unidos, as mulleres eran máis propensas que os homes a dicir que tomaran descansos das súas carreiras para coidar a súa familia. Aproximadamente catro de cada dez nais dixeron que nalgún momento da súa vida laboral tomaran unha cantidade significativa de tempo libre (39%) ou reducido as súas horas de traballo (42%) para coidar un neno ou outro membro da familia. Aproximadamente unha cuarta parte (27%) dixo que deixara de traballar por completo para facerse cargo destas responsabilidades familiares. Menos homes dixeron o mesmo. Por exemplo, só o 24% dos pais dixeron que tomaran unha cantidade significativa de tempo libre para coidar un neno ou outro membro da familia. As nais tamén tiñan case o dobre de probabilidades que os pais de dicir que tomar un tempo para coidar os seus fillos tiña un impacto negativo no seu traballo ou carreira. Entre as persoas abandonaran o traballo nos últimos dous anos despois do nacemento ou a adopción do seu fillo, o 25% das mulleres dixo que isto tivo un impacto negativo no traballo, en comparación co 13% dos homes.
Opcións de traballo É máis probable que os homes se atopen en industrias perigosas que pagan relativamente ben, como a minaría, a construción ou a fabricación, e que estean representados por un sindicato. As mulleres, en cambio, teñen máis probabilidades de ocupar postos de oficina e traballar na industria de servizos. Estes factores explican o 53% da fenda salarial. Un estudo de 2017 no American Economic Journal: Macroeconomics descubriu que a crecente importancia do sector de servizos desempeñou un papel na redución da fenda de xénero no pagamento e as horas. Hai estudos que amosaron que canto máis dominada por mulleres é a man de obra dunha ocupación, menor é o salario, independentemente do valor ou a importancia do traballo.
Roles de xénero Outro factor social, que se relaciona coa maternidade fortemente, é a socialización dos individuos para adoptar roles de xénero específicos. Por exemplo, no ambiente laboral percíbese que as mulleres non se desempeñan igual que os seus equivalentes masculinos, por máis que o seu rendemento sexa o mesmo.
As ideas sociais sobre os roles de xénero xorden en certa medida das influencias dos medios. Os medios retratan os ideais dos roles específicos de xénero dos cales se constrúen os estereotipos de xénero. Estes estereotipos logo tradúcense en que tipos de traballo poden ou deben facer homes e mulleres. Algúns estereotipos comúns inclúen as ideas de que os xerentes deben ser homes ou que as mulleres embarazadas son unha perda para a empresa despois de dar a luz. Desta forma, o xénero desempeña un papel de mediación na discriminación laboral, e as mulleres atópanse en posicións que non lles permiten os mesmos avances que aos homes.
Traballo non remunerado As responsabilidades e tempo dedicado ao fogar ou ao coidado de persoas dependentes, sen recibir remuneración algunha, restrinxe notabelmente a posibilidade das mulleres de contar con ingresos propios, de buscar opcións no mercado laboral, de participar plenamente na política e a sociedade, ao mesmo tempo que as relega da protección social indispensabel para a satisfacción autónoma das súas necesidades. Isto afecta as mulleres, xa que repercute en:
Menor tempo para a aprendizaxe, a especialización, o lecer, a participación social e política, ou o coidado persoal. Maiores dificultades para inserirse nun traballo fóra do fogar. Maiores obstáculos para avanzar nas carreiras educativas e laborais. Maior participación en traballos de menor valoración e menores ingresos. Maior participación no traballo informal, no cal as mulleres poden ter un maior control sobre o seu tempo, aínda que este tipo de traballo non lles brinde protección social.
En México, a participación das mulleres no fogar é aínda maior en comparación coa dos homes. Ao redor do 60% do total das horas dedicadas ao traballo remunerado e non remunerado (tempo total de traballo) son unha contribución das mulleres, mentres que só o 40% o fan os homes. No que respecta ás actividades domésticas, as mulleres pasan unha media de 29,8 horas semanais, fronte ás 9,7 horas dedicadas polos homes. As maiores diferenzas obsérvanse na preparación e servizo de alimentos, limpeza de vivendas e roupa e calzado. O traballo doméstico é descrito como un traballo non remunerado como o coidado de nenos, anciáns. Segundo datos da ONU, o valor económico do traballo non remunerado era o equivalente ao 20,5% do produto interior bruto mexicano, a prezos de mercado para 2013, unha proporción superior ao sector da industria manufacturera e do comercio.