A dupla xornada laboral ou dobre xornada laboral denomínase á suma entre o traballo no mercado laboral e o traballo doméstico.
O termo Este concepto parte da consideración de que das persoas presentes no mercado laboral a finais do século XIX e inicios do século XXI había unha diferenza fundamental entre mulleres e homes á hora de combinar o traballo asalariado co traballo doméstico, de tal xeito que o traballo dos coidados era asumido maioritariamente polas mulleres. A distinta implicación en tempo no traballo reprodutivo deu lugar a unha procura dun cambio social. Un fito importante na procura dun cambio foi o chamamento a unha folga de coidados na folga feminista no ano 2018.
Arlie R. Hochschild realizou un estudo ao longo das décadas de 1970 e 1980 que evidenciaba que as nais traballadoras realizaban unha dobre xornada con tal de criar aos seus fillos e poder desenvolver a súa carreira profesional.
Notas
Categoría:Conceptos feministas