Raftan (en ) é un filme afgán-iraniano de 2016 dirixido por Navid Mahmoudi. Foi escollido como candidato de Afganistán para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 89ª edición dos premios. Porén, o filme non foi incluído na lista final de propostas publicada pola Academia. Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Busan en outubro de 2016. Raftan foi o filme inaugural da 21ª edición do Festival Internacional de Cinema de Kerala.
Personaxes Reza Ahmadi como Nabi Fereshteh Hosseini como Pari Behrang Alavi Nazanin Bayati Shams Langroudi
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Afganistán propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 89ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2016 Categoría:Filmes en lingua dari Categoría:Filmes en lingua persa Categoría:Filmes de Afganistán Categoría:Filmes de Irán