Sex Education é unha serie británica de comedia creada por Laurie Nunn. Está protagonizada por Asa Butterfield no papel dun adolescente socialmente inadaptado e por Gillian Anderson no papel da súa nai que é terapeuta sexual. A serie estreouse o 11 de xaneiro de 2019 a través de Netflix. Ncuti Gatwa, Emma Mackey, Connor Swindells e Kedar Williams-Stirling interpretan os papeis secundarios. Converteuse nun éxito da crítica e comercial de Netflix, con máis de 40 millóns de espectadores que viron en liña a primeira tempada da serie logo da súa estrea. A segunda tempada estreouse o 17 de xaneiro de 2020. A terceira tempada estreouse o 17 de setembro de 2021. A cuarta e derradeira tempada anunciouse o 25 de setembro de 2021, a cal se estreou o 21 de setembro de 2023.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2019 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2023 Categoría:Series de televisión do Reino Unido