Amanece, que no es poco é un filme español escrito e dirixido por José Luis Cuerda no ano 1989.
Sinopse Trátase dun filme coral de humor absurdo, cun guión surrealista cheo de situacións de humor delirante nunha aldea da montaña de Albacete.
Un mozo enxeñeiro español que traballa na Universidade de Oklahoma regresa ao seu país natal para gozar dun ano sabático. Xunto ao seu pai, chega a unha remota aldea de montaña que parece deshabitada, aínda que en realidade tódolos veciños están en misa, como cada día do ano.
Rodaxe Foi gravada nas localidades albaceteñas de Molinicos, Aýna e Liétor, en cuxa idiosincrasia popular está baseado a súa liña argumental. Varios dos seus habitantes tiveron a oportunidade de saír no filme como extras. O alborexar, escena final da obra, está rodada no Pico de la Miel, na Serra Norte de Madrid.
Elenco
Véxase tamén
Ligazóns externas
Amanece, que no es poco en IMDb Amanece, que no es poco en FilmAffinity
Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes rodados en España Categoría:Filmes ambientados en España Categoría:Filmes dirixidos por José Luis Cuerda Categoría:Filmes de comedia Categoría:Filmes de 1989