O voo 2193 de Pegasus Airlines foi un Boeing 737-800 que sufriu unha saída de pista tras aterrar no Aeroporto de Istanbul-Sabiha Gökçen o día 5 de febreiro de 2020.

O avión caeu por un terraplén e partiu en tres, quedando uns 20 metros por debaixo do nivel da pista de aterraxe. No momento do accidente había unha treboada no aeroporto con refachos de vento de 37 nós (68 km/h) e unha visibilidade de 7 000 m.

O Ministerio de Transportes turco inicialmente informou de que non se produciran vítimas mortais entre os 177 pasaxeiros e 6 tripulantes que viaxaban no aparello, e posteriormente o ministro de Sanidade confirmou a morte dunha persoa.

Avión O aparello era un Boeing 737-86J con número de serie 37742 e rexistro TC-IZK. O seu primeiro voo foi en xaneiro de 2009, tendo no momento do accidente 11 anos de idade. O avión operou primeiro coa aeroliña alemá Air Berlin e en abril de 2016 foi adquirido por Pegasus Airlines.

Notas

Categoría:Accidentes aéreos en Turquía Categoría:Accidentes e incidentes de Boeing 737 Categoría:Accidentes e incidentes aéreos en 2020 Categoría:Accidentes e incidentes de Pegasus Airlines