miniatura|Nadine Labaki, directora de Capharnaüm, filme candidato ao premio. O Líbano presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional dende o ano 1998. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.
Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou o Líbano para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Ano(Cerimonia) Título Director Resultado 1998(71ª) West Beyrouth 1999(72ª) Autour de la maison rose e Khalil Joreige 2002(75ª) Lamma hikyit maryam 2003(76ª) Tayyara men wara 2006(79ª) Bosta 2007(80ª) Sukkar banat 2008(81ª) Sous les bombes 2011(84ª) Et maintenant, on va où 2013(86ª) Blind Intersections 2014(87ª) Ghadi 2015(88ª) Waynon Tarek Korkomaz, Zeina Makki, Jad Beyrouthy, Christelle Ighniades, Salim Habr, Maria Abdel Karim, Naji Bechara 2016(89ª) Very Big Shot Mir-Jean Bou Chaaya 2017(90ª) L'insulte Ziad Doueiri 2018(91ª) Capharnaüm Nadine Labaki 2019(92ª) 1982 Oualid Mouaness 2020(93ª) Broken Keys Jimmy Keyrouz 2021(94ª) Kūstā Brāfā, Lubnān Mounia Akl 2022(95ª) Dafatir maya Joana Hadjithomas e Khalil Joreige 2024(97ª) Arzé Mira Shaib 2025(98ª) A Sad and Beautiful World Cyril Aris
Notas
Categoría:Cinema do Líbano Líbano