Para a antiga moeda homónima do Salvador, véxase Colón salvadoreño.

O colón costarriqueño, chamado así na honra do almirante Cristovo Colón, é a moeda oficial da República de Costa Rica, en América Central."Colón" en Digalego. Dicionario de galego."Colón". En Alfaro Asins, C. (2009). Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid. ISBN 978-84-8181-405-7 O seu símbolo é unha letra C atravesada por dúas barras inclinadas verticais "¢", e o seu código ISO 4217 é CRC."Currency Symbols". Unicode.org

Durante o período colonial circulaba en Costa Rica a moeda española e, a partir da súa independencia en 1821, a súa primeira moeda nacional foi o real, substituída logo polo peso. A partir do 24 de outubro de 1896, a denominada "Lei do padrón ouro" (Ley del talón oro) estableceu o colón como unidade monetaria, en substitución do peso costarriqueño, acolléndose a unha tendencia da época co gallo das celebracións do IV centenario da Descuberta de América.<ref name=":1">"The Costa Rica Colon". En Global Exchange''' '.</ref>"Costa Rican currency spotlight: Costa Rican Colón ". En Bussines and Currency. 1 de xaneiro de 2016.Chacón Hidalgo, M. "Historia de la moneda en Costa Rica ". Museos BCCR.

Caracterización

A moeda está dividida en 100 céntimos. As moedas actuais en circulación son de 5, 10, 25, 50, 100 e 500 colóns. Ademais, existen billetes de 1.000, 2.000, 5.000, 10.000, 20.000 e 50.000 colóns, este último pouco utilizado polo seu elevado valor facial.

Comunmente, os costarriqueños coñecen as moedas de 100 colóns como "teja" (anteriormente referíanse así aos billetes de 100 colóns), en tanto que o billete de 1.000 colóns se coñece como "rojo" e o de 5.000 como "tucán" (debido a que o anterior billete de 5.000 colóns amosaba esta ave nos seus reversos). É habitual, así mesmo, referirse aos colóns como "pesos" (a anterior moeda do país) ou "cañas"."Aprende sobre Costa Rica. Frases, comidas, gente y más.... ". Lonely Planet.

As moedas en circulación de 5, 10 e 25 colóns teñen un poder económico moi escaso e as últimas emisións realizáronse nun metal máis livián, o aluminio, e cun tamaño inferior ao das anteriores emisións. A moeda dun colón, malia non ter sido retirada oficialmente, é sumamente rara, en tanto que os valores máis comúns na circulación son os 50, 100 e 500 colóns.

Historia

Antecedentes e nacemento esquerda|miniatura|240x240px|Moeda de 10 colóns costarriqueños de 1900, co busto de Cristovo Colón no anverso."10 Colones". En Numista.

En 1839, o daquela xefe do Estado de Costa Rica, Braulio Carrillo, autorizou a emisión de 30.000 pesos en vales de 5 e 10 pesos, para facilitar o pagamento dos empregados públicos. Durante o período da guerra contra a invasión dos filibusteiros estadounidenses, entre 1856 e 1857, o Goberno emitiu novamente vales para o pagamento dos seus servizos aos soldados costarriqueños."Billetes y Monedas ". Banco Central de Costa Rica.

Foi a mediados do século XIX, entre os anos 1847 e 1849, baixo o goberno de José María Castro Madriz, cando se realizaron os primeiros esforzos para a creación dun banco nacional. Castro propuxo formalmente en 1851 a fundación do Banco Nacional de Costa Rica, idea que non tivo un bo acollemento no ámbito político.

En 1857, durante o mandato de Juan Rafael Mora Porras, retomouse a idea e estableceuse formalmente o primeiro banco, constituído ao abeiro do Contrato Medina-Escalante e denominado Banco Nacional Costarricense. Un ano despois, en 1858, asinouse un novo acordo (coñecido como Contrato Medina-Cañas), que supuxo o nacemento do Banco Nacional de Costa Rica. Ese mesmo ano autorizouse a emisión de billetes de 1, 2, 10 e 20 pesos. A vida desta institución foi efémera, xa que pechou as súas portas o 31 de marzo de 1859.

miniatura|Billete dun colón costarriqueño do Banco Anglo Costarricense (1917)

Non obstante o anterior, ao longo da segunda metade do século XIX naceron outros bancos que emitiron papel moeda, como o Banco Anglo Costarricense, en 1863, e o Banco de la Unión, en 1877, que chegou aos nosos días coa denominación de Banco de Costa Rica.

miniatura|Billete dun colon costarriqueño do Banco Internacional de Costa Rica reestampado polo Banco Nacional de Costa Rica en 1943

En 1896, durante a Administración de Rafael Yglesias Castro, estableceuse o colón como moeda, en substitución do peso. Durante o goberno de Alfredo González Flores, de 1914 a 1917, tivo lugar a creación do Banco Internacional de Costa Rica, coa consideración de banco emisor estatal, reformado en 1936, cando se lle cambiou o nome polo de Banco Nacional de Costa Rica, mantendo a súa consideración de entidade emisora.

miniatura|Billete de 10 colóns costarriqueños do Banco Central de Costa Rica (1967).

A Guerra Civil de 1948 e a Constitución de 1949 definiron un novo modelo de Estado de tipo interventor, que levou adiante a nacionalización da banca na procura do fortalecemento do crédito para os proxectos de diversificación económica e de desenvolvemento industrial. Neste contexto, durante a Administración de Otilio Ulate Blanco (1949 -1953), fundouse en 1950 o Banco Central de Costa Rica, encadrado no Departamento Emisor do Banco Nacional, como organismo reitor e promotor do desenvolvemento ordenado da economía costarriqueña e da política monetaria, e único autorizado para a emisión de moeda. A partir de 1951 iniciou as súas emisións utilizando como base as previas do Banco Nacional, ás cales se lles colocou un reselo coa lenda "Banco Central de Costa Rica" "Serie Provisional". Posteriormente, en 1951, iniciou as súas emisións con billetes propios.Chacón Hidalgo, M. "Historia de la moneda en Costa Rica ". Museos BCCR.Rovira Mas, J. (1985). "Del desarrollo de Costa Rica y su crisis en el período de postguerra: 1948-1984". En Anuario de Estudios Centroamericanos. 11(1). Páxinas 32-42.

Situación actual O 17 de outubro de 2006, o Banco Central (BCCR) puxo en práctica un sistema cambiario de bandas que substitúe o de “minidesvalorización” e intentou darlle máis liberdade ao mercado para fixar o prezo nas transaccións de colóns costarriqueños. O Banco Central estableceu un tipo de cambio de “intervención” de compra de 514,78 colóns e un de venda de 530,22 colóns, que determinan o mínimo e o máximo dentro dos cales se realizarán as negociacións. Se o dólar flutúa con valores por riba ou por baixo dos mencionados, o BCCR intervirá comprándoos ou vendéndoos para estabilizar o mercado.

Segundo o BCCR, o tipo de cambio de intervención de compra incrementaríase cada día hábil seis céntimos de colón, en tanto que o de venda o faría en 14 céntimos. Estes valores foron modificados pola xunta directiva do BCCR do 29 de xaneiro de 2007, cando se fixou o tipo de cambio de compra de intervención en 519,16 colóns, por un período indefinido, debido a unha alta oferta de dólares no mercado que estaba a obrigar ao tipo de cambio de intervención a manterse pegado ao límite inferior da banda. Tamén se acordou que o tipo de cambio de intervención se incrementaría en 11 céntimos cada día hábil.

Os tipos de intervención serían, de tal xeito, os límites entre os cales deberían negociarse as divisas no mercado cambiario, e os intermediarios financeiros poderían establecer os seus respectivos tipos de compra e de venda cos que negociar divisas para os seus clientes.

Anteriormente, a moeda fora desvalorizada sistematicamente, por mor dos altos índices de inflación que sufriu o país na súa recesión nos anos 90. Durante moito tempo tivo o tipo de cambio en relación ao dólar estadounidense en 1 USD = 8,57 CRC, mais, cos cambios económicos que houbo nos anos oitenta, cambiouse o sistema de cambio ao de minidesvalorizacións diarias, de 0,13 céntimos.Gartita, G. et al. (2006). "Crisis en Costa Rica en los años 80". En Aula de Economía.

O 22 de setembro de 2010 púxose en circulación o novo valor en billete de 20.000 colóns e en 2012 lanzouse tamén o de 50.000 colóns. A empresa que fabrica estes billetes é Oberthur Technologies, cuxas instalacións están en Rennes, Francia."Nuevos billetes circularán en Costa Rica". En Central America Data. 24 de agosto de 2012. Cada billete fai referencia a un dos seis ecosistemas que existen no país e teñen impresos no anverso personaxes de recoñecido prestixio en Costa Rica. Os billetes son do mesmo alto, mais de diferente largura, co fin de axudar ás persoas invidentes ou con problemas de visión."Banco Central presentó ayer las seis nuevas denominaciones ". En Numismático Digital. 22 de o utubro de 2014.

+Moedas circulantes en Costa RicaValor facialEmisiónMetalFormaDiámetroRef. catálogo KrauseDeseño do anversoDeseño do reversoImaxe5 colóns "Banco Central anuncia el fin de la moneda de 5 colones". Delfino. 7 de novembro de 2019.2012AluminioCircular21,5 mmKM#227a.1Escudo nacional e ano de emisiónValor facial10 colóns1997LatónCircular23,5 mmKM#228Escudo nacional e ano de emisiónValor facial2008AluminioCircular23,5 mmKM#228a.1Escudo nacional e ano de emisiónValor facial2012AluminioCircular23,5 mmKM#228a.1Escudo nacional e ano de emisiónValor facial25 colóns2007Bronce e aluminioCircular25,5 mmKM#229Escudo nacional e ano de emisiónValor facial50 colóns2012Bronce e aluminioCircular27,5 mmKM#231Escudo nacional e ano de emisiónValor facial100 colóns2014LatónCircular29,5 mmKM#230Escudo nacional e ano de emisiónValor facial500 colóns2007Bronce e aluminioCircular33 mmKM#239Escudo nacional e ano de emisiónValor facial

+ Moedas retiradas da circulaciónValor facialEmisiónMetalFormaDiámetroRef. catálogo KrauseDeseño do anversoDeseño do reversoImaxe5 colóns1993Aceiro cromadoCircular26 mmKM#214.1Escudo nacional e ano de emisiónValor facial1997Bronce e aluminioCircular21,5 mmKM#227Escudo nacional e ano de emisiónValor facial10 colóns1992Aceiro cromadoCircular28,5 mmKM#215.2Escudo nacional e ano de emisiónValor facial20 colóns1994Aceiro cromadoCircular31,3 mmKM#216Escudo nacional e ano de emisiónValor facial

+Billetes circulantes en Costa Rica "Costa Rica (Bank Notes)". Abenteuer Reisen - Bis ans Ende der Welt.Valor facialPersonaxeReversoCor predominanteDimensiónsImaxe do anversoImaxe do reverso1.000 colóns (serie B)Braulio Carrillo ColinaBosque secoVermello125 x 67 mm2.000 colóns (serie A)Mauro Fernández AcuñaArrecife de coralAzul132 x 67 mm5.000 colóns (serie B)Alfredo González FloresMangleiralAmarelo139 x 67 mm10.000 colóns (serie A)José Figueres FerrerBosque húmidoVerde146 x 67 mm20.000 colóns (serie A)Carmen LyraPáramoLaranxa153 x 67 mm50.000 colóns (serie A)Ricardo Jiménez OreamunoNebulosoMorado160 x 67 mm

+Billetes fóra da circulación desde 2011/2012 Valor facialPersonaxeCor predominanteDimensiónImaxe do anversoImaxe do reverso1.000 colóns (serie D)Tomás Soley GüellVermello156 x 66 mm2.000 colóns (serie A)Clodomiro Picado TwightMarrón156 x 66 mm5.000 colóns (serie C)XamánCeleste156 x 66 mm10.000 colóns (serie A)Emma Gamboa AlvaradoAzul156 x 66 mm

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Economía de Costa Rica

Bibliografía

Krause, C. L.; Mishler, C. (1991). Standard Catalog of World Coins: 1801-1991 (18th ed.). Krause Publications. ISBN 0873411501 Pick, A. (1994). Standard Catalog of World Paper Money: General Issues. (7th ed.). Krause Publications. ISBN 0-87341-207-9 Pick, A. (1990). Standard Catalog of World Paper Money: Specialized Issues. (6th ed.). Krause Publications. ISBN 0-87341-149-8

Stickney, B. (2017). A Monetary History of Central America''. Numismatic Studies 35. American Numismatic Society. Nova York. ISBN 978-0-89722-350-8

Ligazóns externas

https://www.bccr.fi.cr/SitePages/default.aspx Billetes actuais e retirados da circulación en Costa Rica

Categoría:Moedas de Costa Rica Categoría:ISO 4217