O Rally de Noia de 2019 foi a 35ª edición de dito rally e a segunda proba da tempada 2019 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse entre o 5 e o 6 de abril e o vencedor foi Víctor Senra.

Itinerario Constou de tres días de competición, iniciándose na tarde-noite do venres cun tramo urbano nas inmediacións do parque pechado, situado en Labarta. O sábado corréronse catro tramos a dobre pasada, dous pola mañá (Culou e Mazaricos) e outros dous pola tarde (Outes e Montemuiño).

Inscritos O número de inscritos superou os 150, entre os que destacaban os campións galegos Víctor Senra, seu pai Manuel Senra, Alberto Meira e Luis Vilariño, así como Iago Caamaño, Amador Vidal, Tino Iglesias, o portugués Ricardo Costa ou o campión mundial de tríatlon Iván Raña, entre outros.

Resumo O piloto de Culleredo Iago Caamaño comezou liderando a proba tras o tramo do venres, por diante de Alberto Meira e Ricardo Costa. Porén as duras condicións meteorolóxicas do sábado provocaron un gran número de abandonos. Iago Caamaño tivo que abandonar dous quilómetros despois da saída por un problema coa bomba da auga, sorte semellante á que correu Alberto Meira ao pararlle o coche na metade dun tramo. Ao remate dos tramos da mañá Víctor Senra xa ocupaba a primeira posición, por diante de Ricardo Costa e Tino Iglesias. Con todo, na segunda pasada por Mazaricos, Senra saíuse da pista e perdeu 50 segundos, perdendo a primeira posición a favor de Ricardo Costa. Mais recuperou o liderado nos tramos da tarde, marcando o mellor tempo en todos eles e logrando a súa segunda vitoria no Rally de Noia, dous anos despois da primeira. Ademais colocouse primeiro no Campionato. Por detrás chegou Ricardo Costa a 20 segundos de Senra e case dous minutos por riba do terceiro. A terceira praza estivo máis disputada, pasando por varias mans como as de Manolo Senra, Amador Vidal ou Tino Iglesias. Estes dous últimos víronse obrigados a abandonar tamén e Jorge Cagiao logrou subir ao podio en terceira posición, con Senra cuarto.

Clasificación +PosPilotoCopilotoVehículoEquipoTempo1 Víctor Senra Moncho LópezCitroën C3 R5Yacar Racing57:31.1212 Ricardo Costa Rui VilaçaCitroën DS3 R5Dona Urraca57:51.1683 Jorge Cagiao Amelia BlancoRenault Clio N5Recalvi Team59:41.5624 Manuel Senra Faustino SuárezPeugeot 306 MaxiSenra Sport1h00:11.0005 Antonio Rodríguez Lara RomeroVolkswagen Polo N5Berberecho1h00:37.4156 Alberto Nimo José Antonio PintorMitsubishi Lancer Evo XLalín-Deza1h00:41.0327 Antonio Fernández Miguel VidalMitsubishi Lancer Evo IXMeira1h01:03.4698 Jorge Pérez Oliveira Juan GándaraRenault Clio R3 Evo MaxGalicia Motorsport1h01:44.0229 Francisco Dorado Roi TorrentePeugeot 208 R2Miño-Lugo1h02:04.02910 César Gonzalves Miguel PeñaMitsubishi Lancer Evo IXA Pontenova1h02:23.67711 José Manuel Pazos David CalvoFord Fiesta R2Cuntis V.T.1h02:48.42712 Antonio López Raquel RodríguezPeugeot 106Pontevedra 1984 Team1h02:53.71113 Manuel Bouzas Ángel CastroRenault ClioSantiago1h02:58.28414 Luis Penido Ricardo CuestaMitsubishi Lancer Evo IXSantiago1h03:14.74415 Álvaro Figueira José Antonio TeiraCitroën Saxo Kit CarBerberecho1h03:44.12416 Jorge Garnelo Javier MartínezPeugeot 106One Seven1h04:11.77717 Rubén López Damián OutónCitroën C2 GTSarria Motor1h04:16.66218 Iván Raña Benjamín CostaMitsubishi Lancer Evo IXPTC Escuela1h04:22.67319 Diego Vila Álex AlonsoCitroën Saxo VTSDona Urraca1h04:30.76920 José Manuel Cabezas Luis Miguel PregoPeugeot 106 GTIRVS Motorsport1h04:38.29321 Joaquín Pérez Gabriel BermúdezPeugeot 206 XSPontevedra 1984 Team1h04:59.75822 Pablo Pazo Sergio MartínezTalbot S. LotusSurco1h05:02.05823 Pedro Castro José Antonio CastroMitsubishi Lancer Evo IXBerberecho1h05:22.01224 José Luis Puime Miguel IglesiasPeugeot 205 GTIDona Urraca1h05:32.60725 David Busto Óscar GarcíaFord Fiesta STBerberecho1h05:47.11826 Rubén Puime Ezequiel SalgueiroPeugeot 206 XSPontevedra 1984 Team1h05:48.85327 José Manuel Lamela Mario GonzálezSuzuki Swift SportYacar Racing1h05:58.15228 Pablo Gómez Manuel BarreiroBMW 318Berberecho1h06:10.18129 Raúl Martínez Óscar MartínezCitroën C2 GTCongostra Team Sanxenxo1h06:12.72730 Gonzalo Villasuso Francisco PenabadPeugeot 206 RCA. Ferrol1h06:14.01031 Javier Ramos Diego RodríguezBMW 323 CompactPTC Escuela1h06:14.59832 Alejandro Otero Lara GómezPeugeot 206Berberecho1h06:33.29633 Rubén Teijeiro Eloy CalvoCitroën C2Siroco Narón1h06:34.48934 Francisco Pazos Daniel IglesiasCitroën Saxo VTSLeiro Desguaces1h06:35.26535 Miguel Ángel Caeiro Sergio IglesiasPeugeot 106Cuntis V.T.1h06:39.54036 Carlos Conde Pablo GonzálezPeugeot 106 RallyeCorauto1h06:45.33737 Javier Vázquez Yago RomeroOpel Astra GTeam Repauto1h06:53.48038 Javier Vidal Marcos SantamaríaCitroën Saxo 16vBerberecho1h06:59.16339 Enrique Vázquez Agustín MuñizOpel Kadett C GT/EIntegral Motorsport1h07:04.10840 David Lojo Nuria RebollidoRenault Clio 16vGalicia Motorsport1h07:05.874Abandonos- Iago Caamaño Alberto RodríguezFord Fiesta R5Lalín-Deza-- Alberto Meira José MuradoCitroën DS3 R5Recalvi Team-- Amador Vidal Rubén SantasSuzuki Swift N5PTC Escuela-- Domingo Molinos Avelino MartínezPeugeot 208 R5 T16Berberecho-- Tino Iglesias Jorge IglesiasFord Fiesta N5Desguaces Tino Racing-- Pablo Aneiros Rubén LópezCitroën SaxoMoeche-- Daniel Álvarez Adrián VázquezPeugeot 205 RallyeLeiro Desguaces-- Tinín Iglesias Bárbara GómezFord Fiesta R2Desguaces Tino Racing-

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Clasificación completa do rally Rally de Noia 2019 en ewrc.com .

Categoría:Rally Ría de Noia Categoría:Tempada 2019 do Campionato de Galicia de Rally