Rochester é unha cidade do condado de Windsor, no estado de Vermont, Estados Unidos.

A vila central está sinalada como "Rochester (CDP), Vermont", no lugar designado polo censo dos Estados Unidos.

Situada no bordo do Green Mountain National Forest (Bosque Nacional de Green Mountain), a cidade é un destacado destino turístico.

Xeografía Segundo a Oficina do Censo dos Estados Unidos, a cidade ocupa unha superficie de 148,6 km2, dos cales 147,8 km2 son de terra e 0,8 km2, o 0,53 %, de auga.

A súa poboación no ano 2010 era de 1 139 habitantes, polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 7,7 hab./km2.

A superficie da cidade é montañosa e abrupta, pero os terreos nos bordos do curso do río White, que drena a cidade, propician boas terras para os cultivos.

Historia Rochester foi outorgada en 1780, e alquilada en 1781 a Dudley Chase, Asa Whitcomb e outros 63 colonos, e organizada en 1788. David Currier e a súa familia establecéronse alí no inverno de 1781-1782.Austin J. Coolidge & John B. Mansfield, A History and Description of New England; Boston, Massachusetts 1859

Os límites de Rochester expandíronse a través da anexión de parte da cidade de Pittsfield en 1806, a anexión doutra parte da cidade de Pittsfield e máis dunha parte da cidade de Braintree en 1824, outra parte da cidade de Hancock en 1834 e, finalmente, a anexión de parte da cidade de Goshen en 1847.

A pesar da súa difícil orografía, no século XIX había lugares que subministraban enerxía para os muíños de auga. En 1859, cando a súa poboación era de 1 493 habitates, había industrias que incluían un muíño, varios serradoiros, unha fábrica de bocois e varios de talleres mecánicos.

Rochester foi unha das trece cidades de Vermont illadas polas inundacións causadas polo furacán Irene en 2011.Floodwaters From Storm Isolate 13 Vermont Towns, The New York Times, 31-09-2011.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Portal:Vermont .

Categoría:Cidades de Vermont