Lionheart é un filme nixeriano de 2018 producido por Chinny Onwugbenu e dirixido por Genevieve Nnaji. Está protagonizado por Pete Edochie, Genevieve Nnaji e Nkem Owoh. Foi adquirido por Netflix o 7 de setembro de 2018, converténdose no primeiro filme orixinal de Netflix producido en Nixeria. Lionheart estreouse no Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2018, no Canadá. O filme foi o primeiro como directora de Nnaji así como os primeiros papeis profesionais de Peter Okoye e Chibuzor Azubuike (tamén coñecido como Phyno). O filme estreouse internacionalmente a través de Netflix o 4 de xaneiro de 2019.

Personaxes Genevieve Nnaji como Adaeze Obiagu Nkem Owoh como Godswill Obiagu Pete Edochie como Ernest Obiagu Onyeka Onwenu como Abigail Obiagu, nai de Adaeze e Obiora, muller do xefe Ernest Obiagu. Kanayo O. Kanayo como Igwe Pascal Kalu Ikeagwu como Samuel Akah Jemima Osunde como Onyinye Sani Muazu como Alhaji Danladi Maikano Chibuzor Azubuike como Obiora Obiagu Ngozi Ezeonu como Chioma Obiagu Yakubu Mohammed como Hamza Maikano Peter Okoye como Arinze Chika Okpala como membro da mesa de dirección Nani Boi como condutor

Estrea O trailer do filme lanzouse o 24 de agosto de 2018. O 4 de xaneiro de 2019, o filme estreouse dixitalmente a través de Netflix.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Nixeria propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 92ª edición dos Óscar Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Filmes de 2018 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua igbo Categoría:Filmes de Nixeria Categoría:Filmes de Netflix