Auga seca é unha serie de televisión estreada en 2020 pola Televisión de Galicia e a RTP, unha coprodución das dúas cadeas e rodada en galego e portugués.

Está prevista a súa emisión en HBO España a partir do 1 de abril de 2020 e tamén en HBO Portugal.

A serie Paulo Duarte morre. Un aparente suicidio que non convence a ninguén: nin á policía nin á súa irmá Teresa, que decide deixar a súa vida en Lisboa para descubrir o que realmente pasou co seu irmán. Teresa non se equivoca e a morte de Paulo esconde moito máis do que parece: unha rede de tráfico de armas liderada por Mauro Galdón, empresario de éxito e padriño de Teresa.

A morte inesperada do irmán fai que Teresa vexa a súa vida cambiada de golpe. Sen conseguir agardar polos resultados da investigación, múdase de Lisboa para Vigo, para traballar na antiga empresa do irmán e investigar que foi o que lle pasou. Os sucesos provocaron meses de investigación coordenada entre as policías xudiciais de España e Portugal, baixo a ollada atenta da Interpol.

Para Espalha-Factos: É precisamente desta mistura de sonoridades entre o português e o galego que a série vai viver, contando também com atores da Galiza no elenco. Outra das misturas bem patentes no projeto é a dos negócios ilegais do tráfico de armas com o mundo empresarial.

O proxecto demorou dous anos despois de saír do papel, en 2019 xa foi exhibida en Cannes e vendeu os dereitos de transmisión a unha distribuidora inglesa. Un bo indicador sobre o que se pode esperar da nova proposta televisiva con elenco portugués e galego. Rodada entre Vigo e Lisboa, dúas cidades cunha ollada atlántica unidas nesta ficción transfronteiriza, Auga seca reflexiona sobre a familia e a moral nun universo onde nada nin ninguén é o que parece e onde todos buscan coñecer a verdade.

Para Sónia Calheiros: En Auga Seca, serie da autoría de Pepe Coira, en que se fala portugués, galego e “portuñol”, a protagonista Victoria Guerra foi buscar unha certa inspiración á personaxe de Amy Adams em Sharp Objects – unha xornalista solitaria, cunha investigación independente nas mans. Sen nunca ter falado galego na vida, a actriz de 30 anos sentiu na aprendizaxe da lingua a maior dificultade. A ligazón entre Portugal e España faise a través do contrabando de armas e da investigación policial conxunta. Non sendo unha serie de acción pura e dura, a temática do tráfico de armas é, sen dúbida, unha opción interesante, despois de o tráfico de droga, por exemplo, ter sido tan ben explorado en Fariña, serie tamén pasada en Galiza.

Segundo a RTVG: ‘Auga Seca’, drama policial enmarcado no universo do tráfico de armas e as súas conexións co mundo empresarial, é a primeira serie en galego que accedeu ao exclusivo Mipcom de Cannes, está coproducida pola galega Portocabo e SP-i, a produtora de televisión máis importante do país veciño, e vai ser distribuída internacionalmente pola británica DCD Rights. A trama cargada de xiros e sorpresas supón unha nova colaboración entre a TVG e a RTP, canles que manteñen lazos estreitos, despois de coproducir tamén as series ‘Vidago Palace’ e ‘Verão M’ e programas como ‘Camiños de irmandade’ e especiais de ‘Aquí Galicia’ e ‘Aquí Portugal’.

A pre-estrea da serie foi en Vigo o 29 de xaneiro de 2020.

Episodios

Episodio 1: Un rapaz portugués, Paulo Duarte, aparece morto no porto de Vigo. Trátase, aparentemente, dun suicidio, malia que ninguén á súa volta consiga entender por que motivo o fixo. Nin a súa irmá Teresa, que parte de Lisboa en dirección a Vigo; nin o seu padriño, Mauro Galdón, un importante empresario de Vigo, propietario da empresa de loxística onde traballaba Paulo, e a quen a morte de Paulo vai afectar máis do que lle gustaría.

Emitido na RTP1 o 17 de xaneiro de 2020 e na TVG o 2 de febreiro de 2020 (8,1 de audiencia e 68.000 espectadores).

Episodio 2: Despois de seren descubertas varias armas no apartamento de Paulo, o inspector Viñas e a súa colega Gabriela céntranse aínda máis na investigación da súa morte que, na realidade, foi un asasinato. A presenza da policía no porto compromete os negocios paralelos de Mauro que se ve obrigado a adiar a operación de tráfico de armas. Pola súa banda, Teresa regresa a Lisboa, a pesar de continuar convencida que o seu irmán non se suicidou.

Emitido na RTP1 o 24 de xaneiro de 2020 e na TVG o 9 de febreiro de 2020.

Episodio 3: As últimas pistas encontradas pola policía levan a crer que Paulo traficaba con armas. O que non podían imaxinar é que o negocio de Paulo era só unha pequena parte e que o verdadeiro traficante é Mauro, que acaba de descubrir que Paulo o roubaba. Xa instalada en Vigo, Teresa comeza a investigar por conta propia. Entre tanto, os Galdón prepáranse para un importante evento na Fundación, no cal Fran presentará o seu proxecto para combater a seca a través da "auga seca".

Emitido na RTP1 o 31 de xaneiro de 2020 e na TVG o 16 de febreiro de 2020.

Episodio 4: Após sufrir un ataque na sede da súa empresa en Luanda, Mauro vese obrigado a retomar o envío das armas aos seus clientes en África. Por outro lado, a súa filla Sílvia e Leo, ambos cómplices de Paulo no negocio do tráfico de armas, continúan a ser chantaxeados pola persoa que matou a Paulo. Alén diso, Leo pensa que Teresa descubriu que estivo no apartamento de Paulo e recea que ela o denuncie á policía. O que el non sabe é que o equipo de Viñas xa o está a vixiar.

Emitido na RTP1 o 7 de febreiro de 2020 e na TVG o 23 de febreiro de 2020.

Episodio 5: Grazas a Teresa, os inspectores descobren que Sílvia era a namorada de Paulo e voltan a falar con ela. En canto a policía se pregunta sobre o papel da filla dos Galdón na investigación en curso, os homes de Mauro agardan a chegada das armas, que veñen de Portugal. Chegou o momento de preparar o envío para África, escondendo as armas na maquinaria da auga seca. Pola súa banda, Leo e Sílvia descobren que o home que os está a chantaxear é Rafa, un policía, e acaban por decidir pagarlle.

Emitido na RTP1 o 14 de febreiro de 2020 e na TVG o 1 de marzo de 2020.

Episodio 6: Despois de Sílvia lles confesar que matou Rafa, Mauro e Irene pensan no que poden facer para axudar a filla. Entre tanto a policía xa encontrou o cadáver de Rafa e procuran a Leo por acreditaren ser o culpado. Leo está escondido e non tardará moito en ser descuberto. Mais quen o apaña non é a policía mais si Mauro. Mentres Nicasio supervisa os últimos detalles do envío das armas, que embarcarán nun cargueiro nese mesmo día, Fran comeza a sospeitar que algo non cadra ben ao decatarse de que a maquinaria da auga seca non está no almacén do laboratorio nin no porto.

Emitido na RTP1 21 de febreiro de 2020 e na TVG o 8 de marzo de 2020. (previsto)

Elenco

Portugueses

João Arrais, como Paulo, o falecido Vitória Guerra, como Teresa, a irmá de Paulo João Pedro Dantas, como o policía portugués Machado Marta Andrino, unha policía portuguesa Adriano Luz, como Lázaro, ex-militar. Joana Santos, como Laura, propietaria dun café en Vigo Igor Regalla, como Abel

Galegos

Serxio Pazos, como o inspector Viñas Monti Castiñeiras, como Mauro Galdón Eva Fernández, como Irene Galdón, a muller de Mauro Galdón Santiago Romay, como Fran Galdón, o fillo Paloma Saavedra, como Silvia Galdón, a filla Rubén Riós, como Rafa Cris Iglesias, como Gabriela Ferreiro, inspectora da policía xudicial Manolo Cortés, como Nicasio Adrián Ríos, como Leo Carmen Méndez, como Magdalena Nacho Castaño, como Méndez

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Auga Seca estreia dia 17 de janeiro, às 22h40, na RTP1. YouTube

Categoría:Series de televisión en lingua galega Categoría:Series de televisión en lingua portuguesa Categoría:Series de televisión de Galicia Categoría:Series de televisión iniciadas en 2020