Fernando Castro Paredes, nado no ano 1975 en Tapia de Casarego (Asturias), é un escritor galego. Exerce como profesor no IES Fernando Blanco de Cee.
Traxectoria É licenciado en Filoloxía Hispánica e Filoloxía Clásica pola Universidade de Santiago de Compostela. Cultiva diversos xéneros literarios destacando no seu labor como dramaturgo. É membro activo do grupo de teatro afeccionado Farándula Velutina pertencente á Asociación cultural "Ás nove Musas" de Corcubión, é un dos directores de Tuéjele Teatro, agrupación escolar do IES Fernando Blanco de Cee.
É autor dos poemarios Caderno de don(i)celas, Coma se nada sucedese e Excrementos (todos eles accésits do Premio Francisco Añón de Poesía).
Obra Narrativa O espacio exterior (2002). USC. ISBN 84-8121-971-1. Miss Antropía (2023). Vigo: Galaxia, Costa Oeste. 272 páxs. ISBN 978-84-1176-019-5. Entomoloxía para misioneiros (2023). Vigo: Galaxia. 310 páxs. ISBN 978-84-1176-152-9. O lanzador de coitelos (2025). Vigo: Galaxia. 352 páxs. ISBN 978-84-1176-474-2.
Teatro miniatura|300px|O autor presentando O lanzador de coitelos en Bueu, con Tensi Gesteira e Fernando Miranda o 15 de outubro de 2025 A derradeira bala (2018). Vigo: Galaxia. 84 páxs. ISBN 978-84-9151-200-4. Amorodo agre (2019). Deputación da Coruña. ISBN 978-84-9812-357-9. Animais de compañía (2019). Escenificado por Farándula Velutina. Pallaso (2020). Silleda: Ed. Fervenza. 64 páxs. ISBN 978-8418136061. Ofelia ou o cabeiro da cóbrega (2020). Dramaturxia galega actual, vol. 2 Papiroflexia (2021). Vigo: Galaxia. 126 páxs. ISBN 978-84-9151-644-6. O traxe (2023). Vigo: Xerais. 48 páxs. ISBN 978-84-1110-305-3.
Premios Accésits do Premio Francisco Añón de Poesía por Caderno de don(i) celas, Coma se nada sucedese e Excrementos. Premio de Narrativa Historias Na Universidade por O espacio exterior. Premio Varela Buxán de Textos Teatrais por Pallaso no 2017. Premio Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño, por A derradeirta bala no 2018. Accésit do Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle por No ventre da balea. Premio de teatro Rafael Dieste por Amorodo agre no 2019. Premio II Certame de Nova Dramaturxia Galega por Ofelia ou o cabeiro da cóbrega no 2020. Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais en 2022 por O traxe. Premio García Barros de novela en 2023 por Entomoloxía para misioneiros. Premio Galaxia de Novela 75 Aniversario (2025) por O lanzador de coitelos. Premio da Crítica de narrativa galega, 2025, por O lanzador de coitelos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas https://as9musas.wixsite.com/misitio
Categoría:Nados en Tapia de Casarego Categoría:Nados en 1975 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Dramaturgos de Galicia Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Gañadores do Premio García Barros Categoría:Dramaturgos do século XXI