Chainsaw Records é un selo discográfico independente estadounidense dirixido por Donna Dresch que se dedica a bandas de queercore. A discográfica está baseada en Portland, Oregón.
Historia Chainsaw comezou como un fanzine publicado por Donna Dresch a finais dos anos 80. Entre os músicos e escritores que apareceron no fancine atópanse Lois Maffeo, Jena von Brücker, Juliana Lueking, Candice Pederson, G.B. Jones e Larrybob. Chainsaw foi un dos fancines seminais do queercore que, xunto con J.D.s e Homocore, axudaron a definir o movemento.
"En 1991...Chainsaw evolucionou dun fancine cara un selo discográfico. Isto comezou sinxelamente cando ela fixo un recompilatorio en casete das súas bandas favoritas e comezou a vendelo mentres estaba de xira con Fifth Column", escribiu Amy Spencer no libro DIY: The Rise of Lo-Fi Culture. En 1994 Chainsaw comezou a publicar álbums e sinxelos, empezando con lanzamentos de The Fakes (con membros de Bikini Kill, The Need e Nation of Ulysses), The Frumpies e de Team Dresch. Posteriormente editou, xunto con Candy Ass Records, o recompilatorio editado como disco dobre Free to Fight. "O selo estableceuse como un elemento vital da escena queercore..." escribiu Spencer, cando Chainsaw comezou entón a lanzar discos dunha variedade de artistas queer principalmente mulleres. Bandas como Sleater-Kinney iniciaron as súas carreiras en Chainsaw Records. Ademais, a súa páxina web, en particular o seu taboleiro de mensaxes, fomentaron un sentido de comunidade e proporcionaron un vehículo para a expresión para queers e fans.
Artistas
Davies vs. Dresch Excuse 17 The Fakes The Frumpies Heartless Martin Heavens to Betsy Infinite Xs Kaia
Longstocking The Need No. 2 Show Me the Pink Sleater-Kinney Team Dresch Third Sex Tracy and the Plastics
Notas
Bibliografía
Categoría:Discográficas independentes dos Estados Unidos de América