miniatura|200x200px|O director italiano Federico Fellini recibiu catro Óscar ó mellor filme internaciona, máis ca ningún outro director na historia da Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas, e presentou outros tres filmes á Academia. Italia presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional dende a concepción do premio. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.

Até o ano 2023, trinta e catro filmes italianos foron nomeados ó Óscar ó mellor filme internacional, e catorce deles conseguiron o premio. Entre tódolos países que presentaron filmes ó premio, Italia atópase no primeiro posto en termos de filmes premiados, seguido por Francia (nove premios) e España (catro premios), e segundo en termos de nomeamentos, detrás de Francia (trinta e catro nomeamentos) e por diante de España (dezanove nomeamentos). Os únicos directores italianos con múltiples premios son Federico Fellini e Vittorio De Sica. Fellini recibiu catro premios por La strada, Le notti di Cabiria, Fellini 8½ e Amarcord, máis ca ningún outros director nos Óscar, e tivo outros tres premios presentados, aínda que ningún deles foi finalmente nomeado. De Sica recibiu dous premios de Honra antes da creación formal do premio por Sciuscià e Ladrón de bicicletas e tivo dous premios Óscar por Ieri, oggi, domani e Il giardino dei Finzi-Contini, e tivo outro filme, Matrimonio all'Italiana, aceptado como nomeado.

Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Italia para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano(Cerimonia) Título Director Resultado 1947(20ª) Sciuscià 1949(22ª) Ladrón de bicicletas 1950(23ª) Le mura di Malapaga 1956(29ª) La strada 1957(30ª) Le notti di Cabiria 1958(31ª) I soliti ignoti 1959(32ª) La grande guerra 1960(33ª) Kapò 1961(34ª) A noite 1962(35ª) Le quattro giornate di Napoli 1963(36ª) Fellini 8½ 1964(37ª) Ieri, oggi, domani 1965(38ª) Matrimonio all'Italiana 1966(39ª) La battaglia di Algeri 1967(40ª) La Cina è vicina 1968(41ª) La ragazza con la pistola 1969(42ª) Fellini Satyricon 1970(43ª) Indagine su un cittadino al di sopra di ogni sospetto 1971(44ª) Il giardino dei Finzi-Contini 1972(45ª) Roma 1974(47ª) Amarcord 1975(48ª) Perfume de muller 1976(49ª) Pasqualino Settebellezze 1977(50ª) Una giornata particolare 1978(51ª) I nuovi mostri , Dino Risi, Ettore Scola 1979(52ª) Dimenticare Venezia 1980(53ª) Salto nel vuoto 1981(54ª) Tre Fratelli 1982(55ª) La notte di San Lorenzo 1983(56ª) E la nave va 1984(57ª) Mi manda Picone 1985(58ª) Maccheroni 1986(59ª) Notte d'estate con profilo greco, occhi a mandorla e odore di basilico 1987(60ª) La famiglia 1988(61ª) La leggenda del santo bevitore 1989(62ª) Cinema Paradiso 1990(63ª) Porte Aperte 1991(64ª) Mediterraneo 1992(65ª) Il ladro di bambini 1993(66ª) Il grande cocomero 1994(67ª) Lamerica 1995(68ª) L'uomo delle stelle 1996(69ª) La mia generazione 1997(70ª) Il testimone dello sposo 1998(71ª) La vita è bella 1999(72ª) Fuori dal mondo 2000(73ª) I cento passi 2001(74ª) La stanza del figlio 2002(75ª) Pinocchio 2003(76ª) Io non ho paura 2004(77ª) Le chiavi di casa 2005(78ª) La bestia nel cuore 2006(79ª) Nuovomondo 2007(80ª) La sconosciuta 2008(81ª) Gomorra 2009(82ª) Baarìa 2010(83ª) La prima cosa bella 2011(84ª) Terraferma 2012(85ª) Cesare deve morire Paolo e Vittorio Taviani 2013(86ª) La grande bellezza Paolo Sorrentino 2014(87ª) Il capitale umano Paolo Virzì 2015(88ª) Non essere cattivo Claudio Caligari 2016(89ª) Fuocoammare Gianfranco Rosi 2017(90ª) A Ciambra Jonas Carpignano 2018(91ª) Dogman Matteo Garrone 2019(92ª) Il traditore Marco Bellocchio 2020(93ª) Notturno Gianfranco Rosi 2021(94ª) È stata la mano di Dio Paolo Sorrentino 2022(95ª) Nostalgia Mario Martone 2023(96ª) Io capitano Matteo Garrone 2024(97ª) Vermiglio 2025(98ª) Familia Francesco Costabile

Notas

Categoría:Cinema de Italia Italia