Carrusel é unha novela en lingua galega escrita por Berta Dávila e publicada por Editorial Galaxia en 2019. Nese mesmo ano gañou o XXXI Premio García Barros de novela, outorgado polo concello da Estrada. A revista dixital Fervenzas literarias, especializada en literatura galega, nomeouna a mellor novela galega do ano 2019.

Narración A novela está escrita en primeira persoa. Destaca polo lirismo da súa linguaxe, a honestidade e sinxeleza con que trata aspectos como a enfermidade mental, as reflexións metanarrativas ou o uso de metáforas matemáticas. Destaca tamén pola penetración psicolóxica coa que a protagonista describe a súa personalidade e a dos seus familiares, en especial do tío Carlos, que ten a mesma doenza mental que a protagonista.

Como xa sucedera en O derradeiro libro de Emma Olsen, a anterior novela da autora, son numerosas as referencias á música pop. De feito, unha das primeiras fontes de inspiración para a novela foi a canción "The Circle Game", de Joni Mitchell.

Traducións A novela publicouse tamén en castelán, na editorial Barrett, en versión da propia autora.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha na páxina web de Editorial Galaxia Entrevista coa autora na TVG.

Categoría:Editorial Galaxia Categoría:Obras literarias de 2013 Categoría:Novelas en galego Categoría:Novelas ambientadas nos Estados Unidos de América Categoría:Obras gañadoras do Premio García Barros