Robert Michael Archibald, nado o 29 de marzo de 1980 en Paisley e finado o 23 de xaneiro de 2020, foi un xogador de baloncesto profesional. Xogaba nas posicións de ala-pivote ou de pivote.

Traxectoria Archibald foi elixido na 32ª posición do Draft da NBA de 2002 polos Memphis Grizzlies, e asinou un contrato por dous anos. Tras unha tempada en Memphis, na que xogou tan só 12 partidos, Archibald foi traspasado xunto a Brevin Knight e Cezary Trybański ós Phoenix Suns a cambio de Bo Outlaw e Jake Tsakalidis.

O 26 de decembro de 2003, Archibald foi traspasado ós Orlando Magic. Unha semana máis tarde foi traspasado de novo, desta vez ós Toronto Raptors a cambio de Mengke Bateer e Remon van de Hare.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en Basketball-Reference.com Perfil en Euroleague.net

Categoría:Nados en 1980 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Nados en Escocia Categoría:Xogadores de baloncesto de Escocia Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Orlando Magic Categoría:Xogadores dos Toronto Raptors Categoría:Xogadores do Valencia BC Categoría:Xogadores do Victoria Libertas Pesaro Categoría:Xogadores do Joventut Badalona Categoría:Xogadores do BC Azovmash Categoría:Xogadores do CB Málaga Categoría:Xogadores do Basket Zaragoza 2002 Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos do Reino Unido Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2012