Samuel Thornton Durrance, nado en Tallahassee (Florida) o 17 de setembro de 1943 e finado en Viera (Florida) o 5 de maio de 2023, foi un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-67 e STS-35. Pasou un total de 25,59 días no espazo.
Traxectoria Durrance graduouse en ciencias e é máster en física pola Universidade do Estado de California nos Ánxeles en 1972 e 1974 respectivamente. Ten un doutoramento en astroxeofísica pola Universidade de Colorado en 1980.
Participou nas misións STS-67 e STS-35, pasando un total de 25,59 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-67 STS-35
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1943 Categoría:Nados en Tallahassee, Florida Categoría:Finados en 2023