Christian Senra, coñecido artisticamente como Sen Senra, nado en Presqueiras (Forcarei) en 1995, é un músico galego de garaxe e estilos achegados.

Traxectoria Criado en Vigo, fillo dunha empregada de froitaría e dun obreiro da construción, xogou ao fútbol e comezou a tocar liderando a banda Demonhigh con compañeiros de instituto con quince anos. Abandonou os estudos para dedicarse á música; cando comezou a desenvolver a súa carreira musical mudouse a Madrid (inicialmente ao barrio de Puente de Vallecas, e despois no céntrico barrio das Letras).

O seu primeiro álbum, Permanent Vacation, publicouno en 2015: cantouno en inglés, e gravou el a voz e maila instrumentación. No segundo álbum, The Art of Self-Pressure, de 2017, cantou tamén en inglés temas de rhythm&blues e hip hop, e colaborou con Royce Rolo. Para o terceiro, Sensaciones, xa mudou ao español e supuxo o seu descubrimento no mercado en España, con varios millóns de reproducións online. Ao ano seguinte, en 2021, publicou Corazón Cromado, onde colaborou unha das figuras musicais daquela en España, C. Tangana e onde incorporou temas de reguetón. A xira dese álbum levouno a dar concertos por toda España, e incluso chegou a meter 8000 persoas no escenario WiZink (Madrid) en xaneiro de 2022. miniatura|dereita|220px|Sen Senra actuando no WiZink center en Madrid.

Do seu estilo teñen dito que é garaxe, aínda que el o negue, e que se move entre o R&B e o pop, se ben tamén teñen sinalado que comparte moitos elementos da cultura hip hop. Téñeno comparado con Frank Ocean ou Mac DeMarco.

Ten colaborado con Royce Rolo (Banana Bahia), Julieta Venegas, C. Tangana cos integrantes de Novedades Carminha.

Discografía Permanent Vacation (2015) The Art Of Self-Pressure (Cripis Editorial, 2017, producido por Carlos Pereiro) Sensaciones (2020, producido por Anxo Ferreira) Perfecto (2020), single. Corazón Cromado (2021) PO2054AZ (Vol.I) (2023) PO2054AZ (Vol.II) (2024) Padiante (2025), single.

Vida persoal É o irmán da artista e deseñadora de táboas Vaas Senber.

Notas

Categoría:Nados en Forcarei Categoría:Grupos musicais de Galicia Categoría:Grupos musicais de garage rock Categoría:Nados en 1995 Categoría:Cantantes de Galicia Categoría:Guitarristas de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes