Mudbound é un filme estadounidense de 2017 dirixido por Dee Rees e escrito por Rees e Virgil Williams. Baséase na novela homónima escrita por Hillary Jordan. Está protagonizado por Carey Mulligan, Garrett Hedlund, Jason Clarke, Jason Mitchell, Jonathan Banks e Mary J. Blige. O filme conta a historia de dous veteranos da segunda guerra mundial, un branco e outro negro, que regresan á unha zona rural de Mississippi tratando de afrontar o racismo e o trastorno por estrés postraumático respectivamente. O filme estreouse no Festival de Cinema de Sundance o 21 de xaneiro de 2017, e foi distribuída por Netflix, cunha estrea limitada nas salas de cinema o 17 de novembro de 2017.
A crítica eloxiou o guión, a dirección e as interpretacións (especialmente as de Mitchell e Blige) e na 75ª edición dos Globos de Ouro recibiu nomeamentos nas categorías de mellor actriz secundaria (Blige) e mellor canción orixinal ("Mighty River"). Na 90ª edición dos Óscar, o filme conseguiu catro nomeamentos: mellor actriz secundaria e mellor canción orixinal para Blige, mellor guión adaptado e mellor fotografía, a última das cales converteu a Rachel Morrison na primeira muller nomeada nesta categoría. Blige converteuse na primeira persoa nomeada por actuar e cantar nun mesmo ano.
Personaxes
Carey Mulligan como Laura McAllan (née Chappell) Jason Clarke como Henry McAllan Mary J. Blige como Florence Jackson Rob Morgan como Hap Jackson Jason Mitchell como Ronsel Jackson Garrett Hedlund como Jamie McAllan Jonathan Banks como Pappy McAllan Frankie Smith como Marlon Jackson Kennedy Derosin como Lilly May Jackson Elizabeth Windley como Amanda Leigh McAllan Piper Blaire como Isabelle McAllan Jason Kirkpatrick como Orris Stokes Kerry Cahill como Rose Tricklebank Oyeleke Oluwafolakanmi como Cleve Kelvin Harrison Jr. como Weeks Lucy Faust como Vera Atwood Dylan Arnold como Carl Atwood Samantha Höefer como Resl Geraldine Singer como Mrs. Chappell Henry Frost como Teddy Chappell Claudio Laniado como Dr. Pearlman Charley Vance como Sheriff Thacker
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Dee Rees Categoría:Filmes sobre a segunda guerra mundial Categoría:Filmes sobre racismo Categoría:Filmes sobre o Ku Klux Klan Categoría:Filmes de Netflix Categoría:Filmes rodados en Nova Orleáns Categoría:Filmes ambientados en Alemaña