Marianne Evelyn Gabriel Faithfull, nada en Hampstead, Londres, o 29 de decembro de 1946 e finada na mesma cidade o 30 de xaneiro de 2025, foi unha cantante, compositora e actriz inglesa. Acadou popularidade na década de 1960 coa publicación do seu éxito "As Tears Go By" e converteuse nunha das artistas femininas principais durante a British Invasion dos Estados Unidos.

Traxectoria Durante os seus anos de escola, fíxose amiga de Sally Oldfield.

Faithfull comezou a súa carreira en 1964 tras asistir a unha festa de The Rolling Stones, onde foi descuberta por Andrew Loog Oldham. Trala publicación do sinxelo "As Tears Go By", converteuse nunha estrela internacional. O seu álbum debut Marianne Faithfull (1965, publicado simultaneamente co seu álbum Come My Way) foi un éxito comercial ao que seguiron varios álbums en Decca Records. Entre 1966 e 1970, mantivo unha publicitada relación con Mick Jagger. A súa popularidade aumentou cos seus papeis no cinema, como en I'll Never Forget What's'isname (1967), The Girl on a Motorcycle (1968) e Hamlet (1969). Porén, a súa fama foi superada polos problemas persoais da década de 1970. Nese tempo foi anoréxica, sen fogar e adicta á heroína.

Coñecida pola súa distintiva voz, a anteriormente melodiosa e con rexistros vocais altos de Faithfull (que prevalecían na súa carreira na década de 1960) foi afectada por unha larinxite crónica severa, mesturada co abuso das drogas, alterando permanentemente a súa voz, deixándoa áspera, crabada e ton máis baixo. Este novo son foi eloxiado como "empapado en whisky" por algúns críticos por axudar a capturar as crúas emocións expresadas pola súa música.Faithfull, Marianne. Faithfull: An Autobiography Boston: Little, Brown; 1994.

Tras unha longa ausencia comercial, Faithfull volveu coa estrea en 1979 do aclamado álbum Broken English. O disco foi un éxito comercial e marcou un rexurdimento da súa carreira musical. Broken English valeulle a Faithfull unha candidatura ao Grammy á mellor interpretación feminina de rock e adoita ser recoñecido como a súa "gravación definitiva". Tamén escribiu tres libros sobre a súa vida, Faithfull: An Autobiography (1994), Memories, Dreams & Reflections (2007) e Marianne Faithfull: A Life on Record (2014).

Faithfull apareceu na listaxe de VH1 das "100 Grandes Mulleres do Rock and Roll". Recibiu o World Lifetime Achievement Award no Women's World Award 2009 e foi nomeada Commandeur da Ordre des Arts et des Lettres polo goberno de Francia.

Discografía

Filmografía Ano Filme Personaxe Notas 1966 Made in U.S.A Ela mesma, cantando nun café 1967 Anna Moza nun baile Telefilme I'll Never Forget What's'isname Josie Faithfull foi a primeira persoa que dixo "fuck" nun filme comercial dun estudio 1968 The Girl on a Motorcycle Rebecca 1969 Hamlet Ofelia 1971The StrongerTelefilme con Britt Ekland, dirixido por Patrick Garland 1972 Lucifer Rising Lilith Curtametraxe 1974 Ghost Story Sophy Kwykwer 1975 Assault on Agathon Helen Rochefort 1992 The Turn of the Screw Narradora 1993When Pigs Fly Lilly 1994 Shopping Bev 1995 Moondance Nai Tamén puxo a voz para "Madam George" 1996 Crimetime Cantante de club2001 Intimacy Betty Far from China Helen Absolutely Fabulous Deus Serie de televisión, episodios "The Last Shout: Part 1" (1996), "The Last Shout: Part 2" (1996) e "Donkey" (2001)2004 A Letter to True Narradora Documental escrito e dirixido por Bruce Weber, estreado no Reino Unido en 20082006 Paris, je t'aime Marianne Episodio "Le Marais" Marie Antoinette Emperatriz María Tareixa 2007 Irina Palm Maggie Candidata ao Premio do Cinema Europeo á mellor actriz 2011 Faces in the Crowd Dr. Langenkamp2012 Belle du Seigneur Mariette 2013 Who Do You Think You Are? Ela mesma Serie de televisión, temporada 10, capítulo 9

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Stieven-Taylor, Alison (2007). Rock Chicks:The Hottest Female Rockers from the 1960s to Now. SYD. Rockpool Publishing. Ligazóns externas Páxina oficial Marianne Faithfull fansite Faithfull Forever – Inspired by Marianne Faithfull Innocence and Experience: Marianne Faithfull at Tate Gallery Liverpool

Categoría:Nados en Camden Categoría:Nados en 1946 Categoría:Finados en 2025 Categoría:Cantantes de Inglaterra Categoría:Actores de cinema de Inglaterra Categoría:Actores de teatro de Inglaterra Categoría:Actores de televisión de Inglaterra Categoría:Ingleses de ascendencia austríaca Categoría:Ingleses de ascendencia xudía