Marianne é unha serie de televisión francesa de terror creada e dirixida por Samuel Bodin, escrita por Bodin e Quoc Dang Tran e protagonizada Victoire Du Bois, Lucie Boujenah e Tiphaine Daviot. Conta a historia dunha novelista chamada Emma Larsimon que descobre que as personaxes que escribe nos seus libros de terror tamén existen no mundo real. A serie estreouse o 13 de setembro de 2019 en Netflix. A serie foi cancelada despois dunha tempada en xaneiro de 2020.

Personaxes Victoire Du Bois como Emma Larsimon Lucie Boujenah como Camille Tiphaine Daviot como Aurore Ralph Amoussou como Séby Bellamine Abdelmalek como Arnaud Mehdi Meskar como Tonio Alban Lenoir como Inspector Ronan Mireille Herbstmeyer como Mrs Daugeron Corinne Valancogne como Mrs Larsimon Patrick d'Assumçao como Fr Xavier Pierre Aussedat como Mr Larsimon Luna Lou como Emma de adolescente Charlie Loiselier como Aurore de adolescente Bruni Makaya como Séby de adolescente Adam Amara como Arnaud de adolescente Anna Lemarchand como Caroline de adolescente Délia Espinat-Dief como Marianne

Produción A serie foi rodada en varias localidades da Bretaña, como Clohars-Carnoët, Pléneuf-Val-André, Fréhel, Jugon-les-Lacs e Plévenon, así como no hospital psiquiátrico Maison Blanche e na localidade de Mennecy en Illa de Francia.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Páxina oficial

Categoría:Series de televisión en lingua francesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2019 Categoría:Series de televisión de Francia