Lúa vermella é un filme galego dirixido por Lois Patiño que se estreou no ano 2020 no Festival Internacional de Cinema de Berlín, dentro da sección Forum. A súa estrea nos cinemas estaba prevista para o 30 de abril. É o segundo filme de Patiño sete anos despois da estrea de Costa da Morte (2013).

Sinopse A historia trasládanos a unha vila costeira na que o tempo se detivo. Os habitantes están todos paralizados, mentres que a natureza e os animais continúan en movemento. Todos os habitantes están angustiados porque o mergullador Rubio de Camelle desapareceu no mar. Algúns culpan á lúa vermella. Outros ao mar. Outros a unha besta submarina.

Produción A rodaxe transcorreu entre a comarca de Terra de Lemos e a Costa da Morte.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2020 Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes dirixidos por Lois Patiño Categoría:Filmes rodados en Galicia