Kosovo presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional por primeira vez no ano 2014. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.

Até o ano 2022, nove filmes kosovares foron propostos ó Óscar ó mellor filme internacional, mais ningún deles foi finalmente nomeado para o premio.

Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Kosovo para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano(Cerimonia) Título Lingua(s) Director Resultado 2014(87ª) Tri Dritare dhe një Varje Albanés Isa Qosja 2015(88ª) Babai Albanés Visar Morina 2016(89ª) Home Sweet Home Albanés Faton Bajraktari 2017(90ª) T'padashtun Albanés e neerlandés Edon Rizvanolli 2018(91ª) Martesa Albanés Blerta Zeqiri 2019(92ª) Zana Albanés Antoneta Kastrati 2020(93ª) Exil Albanés e alemán Visar Morina 2021(94ª) Zgjoi Albanés Blerta Basholli 2022(95ª) Në kërkim të Venerës Albanés Norika Sefa

Notas

Categoría:Cinema de Kosovo Kosovo