miniatura|Recreación moderna dun macuahuitl cerimonial. Un macuahuitl ([maːˈkʷawit͡ɬ]) é unha arma de madeira con follas de obsidiana. O nome deriva da lingua náhuatl e quere dicir "man de madeira". Os seus lados contan con coitelas prismáticas tradicionalmente feitas con obsidiana. A obsidiana é quen de producir un filo máis afiado que as coitelas de aceiro de alta calidade. O macuahuitl era unha arma estándar de combate corpo a corpo.
O emprego do macuahuitl como unha arma está rexistrado dende o primeiro milenio. Na época da conquista española, o macuahuitl estaba amplamente distribuído en toda Mesoamérica. A arma era usada por diferentes civilizacións como os aztecas, os maias, os mixtecas e os toltecas.
Un exemplo desta arma sobreviviu a conquista de México; formou parte da Real Armería de Madrid até que foi destruída por un lume no ano 1884. As imaxes dos deseños orixinais sobreviviron en diversos catálogos. A réplica máis antiga é o macuahuitl creado polo medievalista Achille Jubinal no século XIX.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
,
16.Francisco de Auguilar, untitled account, in The Conquistadors, 139–140, 155.
Categoría:Armas Categoría:Cultura de México