Xerardo Dasairas Valsa, nado en Verín en 1953, é un mestre e historiador galego.

Traxectoria

Estudou en Verín (alumno de Taboada Chivite), continuou o bacharelato e COU en Barcelona, fixo Maxisterio en Ourense.

Mestre de profesión, exerceu moitos anos en Cangas de Morrazo. Desde 1978 publicou estudos e artigos relativos a etnografía, historia, arqueoloxía, patrimonio, pedagoxía e socioloxía. Publicou no Boletín Auriense e en Narria: Estudios de artes y costumbres populares. miniatura|4º pola esquerda na presentación da revista Os Galos nº 17 en Bueu (2023) Ten usado o pseudónimo O´Xedas.

Publicacións

Os outros Vigos: Coruxo (1987). Vigo : Concellalía de Cultura. ISBN  84-505-6086-1. 70 anos de fútbol en Verín (1990). 96 páxs. Ed. de autor. O entroido en terras de Monterrei (1990). Edicións do Cumio. 174 páxs. ISBN  84-87126-15-4. Monterrei, 1494-1994: 5 séculos de cultura (1994). Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-732-3. Os sinos dos tempos: campás de Vigo (1995). Vigo : Concellería de Patrimonio Histórico. ISBN 84-87637-30-2. D. José García Barbón e o Colexio La Salle de Verín no centenario da súa fundación (1895-1995) (1995). Servizo de Publicacións, Deputación Ourense. ISBN 84-87575-30-7. Crónicas romanceadas da vila vella de Cangas no 380º cabodano da súa invasión polos inimigos turco-berberiscos (1617-1997) (1997). Pontevedra. 52 páxs. Candeán, memórias dunha parróquia (2000). Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Candeán. 112 páxs. Verín (2000). Concello de Verín. 124 páxs. Memorias da II República en Cangas (2002). Ediciós do Castro. 237 páxs. ISBN 84-8485-056-0. Campás e campaneiros (2004). Ir Indo. ISBN 84-7680-512-8. Xesús Taboada Chivite: arqueólogo, historiador, etnógrafo e ensinante (2006). Ir Indo. 63 páxs. ISBN 8476805144. Labras heráldicas de Monterrei-Frieiras-Conso de Viana do Bolo (2007). Grupo Marcelo Macías. 157 páxs. ISBN 84-88522-22-3. Luís Bazal: Memoria e fuga dun mestre anarquista galego (2007). A Nosa Terra, o Fardel da memoria. 140 páxs. ISBN 978-84-8341-199-5. Verín baixo o franquismo (2007). A Nosa Terra. 140 páxs. ISBN 978-8483411766. Libro-guía de Monterrei (2008). Alfer. 124 páxs. ISBN 9788461251308. Darbo na memoria: esencía de terra co mar ao fondo (2009). Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Darbo. 160 páxs. Crónicas rexiomontanas: territorio e historia na comarca de Monterrei (2013). Ed. de autor. 479 páxs. ISBN 9788461673612. Economía, recursos, transporte e urbanismo (2013). Ed. de autor. 141 páxs. ISBN 9788461673575. Cangas na historia (2017). Concello de Cangas de Morrazo. 105 páxs. ISBN 9788415166658. Mariñeiros, piratas e bruxas no mar de Cangas (2017). Cocellería de Cultura, Concello de Cangas de Morrazo. 140 páxs. ISBN 9788415166689. Terras da Mezquita e da Seabra (2018). Deputación de Ourense. 137 páxs. ISBN 9788416643165. Escolma da cultura inmaterial de Cangas. Lendas, mitos, ritos, crenzas e prácticas diversas (2019). Ed. de autor. Cangas de Morrazo.

Colectivas

O entroido ancestral (2002). Con Carlos Puga e Nacho Gómez. Edicións do Cumio. ISBN  84-8289-209-6.

Notas

Categoría:Nados en 1953 Categoría:Nados en Verín Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Profesores de Galicia