A tempada 2020 foi a 42ª edición do Campionato de Galicia de Rally. Comezou o 29 de febreiro no Rally da Coruña e rematou o 13 de decembro no Rally Mariña Lucense.

Defendía o título o piloto de Dumbría, Víctor Senra, campión das tres últimas edicións, que finalmente conseguiu o seu cuarto título consecutivo tras unha tempada marcada pola pandemia por coronavirus que obrigou á suspensión da maioría de rallys do calendario.

Calendario NºDataRallyCoeficienteNotas128-29 de febreiro24º Rally da Coruña7Resultados-17-18 de abril36º Rally de Noia7Suspendido-19-20 de xuño33º Rally Cidade de Narón8Suspendido-10-11 de xullo17º Rally Sur do Condado7Suspendido-8-9 de agosto25º Rally do Cocido7Suspendido-4-5 de setembro54º Rally Rías Baixas8Suspendido-26-27 de setembro9º Rally Ribeira Sacra (Ourense-Lugo)7Suspendido216-17 de outubro42º Rally San Froilán7Resultados311-13 de decembro2º Rally Mariña Lucense8Resultados-12-13 de decembro28º Rally Botafumeiro8Suspendido O Rally do Cocido, previsto inicialmente para o 20 e 21 de marzo foi aprazado debido á pandemia por coronavirus, e recolocado na fin de semana do 11-12 de decembro nun principio, e no 8-9 de agosto nunha nova actualización. Polo mesmo motivo anunciouse tamén o aprazamento do Rally de Noia, que finalmente foi suspendido. O Rally Rías Baixas, previsto para a fin de semana do 29 e 30 de maio foi reprogramado para 4 e 5 de setembro. O Rally de Narón e o Sur do Condado sumáronse ao de Noia e cancelaron as súas edicións de 2020. En maio a Federación Galega de Automobilismo publicou un novo calendario, coas novas datas e xa sen os rallys cancelados, no que as probas a disputar quedan reducidas a seis (sen contar o rally xa disputado).

En xuño a Escudería Lalín-Deza comunicou que non se organizaría o Rally do Cocido en 2020 e o 4 de agosto anunciáronse as suspensións do Rally Ourense-Ribeira Sacra e do Rías Baixas. En outubro a Escudería Santiago anunciou a cancelación do Botafumeiro, quedando o calendario reducido a só tres rallys.

Puntuación Sistema de puntuación para a clasificación xeral: Posición12345678910Puntos252015121086421 Sistema de puntuación para cada agrupación: Posición12345678910Puntos10987654321 Para definir o total de puntos obtidos por un participante nunha proba débense sumar os puntos obtidos na clasificación xeral e na agrupación e logo multiplicalos polo coeficiente da proba.

Agrupacións Os vehículos admitidos divídense en cinco agrupacións:

Agrupación 1: WRC, R5, S2000, R4, A Galego, N1, N5, N6, Grupo A (máis de 2.000cc, 4x4), Grupo N (máis de 2.000cc, 4x4), Grupo X (máis de 2.0), Porsche 997 GT3 Cup Rallye, GT, RGT, Grupo G (máis de 2.0), Grupo SCC. Agrupación 2: R3T, R3C, S1600, R2C, N2, Grupo N (2RM), Grupo A (Máis de 1.6 cc e menos 2.0 cc Kit Car), Grupo G (menos de 2.0 2RM), Grupo X (Máis de 1.6 cc e menos 2.0 cc, Kit Car). Agrupación 3: R2B (menos de 1.6), R3D, N3, Grupo A (menos 1.6 cc Kit Car), Grupo N (máis de 1.6 e menos de 2.0 cc 2RM), Grupo X (máis de 1.6 e menos de 2.0 cc 2RM), Históricos (Máis 1.600 cc 2RM) Agrupación 4: Grupo N (menos de 1.600 cc), R1A/R1B (Menos 1.600 cc), Grupo X (Menos 1.600 cc), Históricos (Menos 1.600 cc, 2RM) Agrupación 5: Todos o grupos de menos de 1.000 cc, excepto históricos.

Equipos EquipoAutomóbilPilotoCopilotoRoldasYacar RacingŠkoda Fabia R5 Víctor Senra David Vázquez1-3Ford Fiesta R5 Perfecto Calviño Antonio Solórzano1Peugeot 208 R2 Jorge Bergondo Rubén Roel1Peugeot 106 Kit Car Iván Lozano Diego Rodríguez1-2BMW 325i Francisco García Óscar Javier Souto1Peugeot 205 SCC Darío Calviño Eduardo Mosquera1Lalín-DezaFord Fiesta MKII Iago Caamaño Alberto Rodríguez1Citroën DS3 R52Volkswagen Polo GTI R53Hyundai i20 R5 Alberto Otero Jordan Vázquez1-2Recalvi TeamCitroën DS3 R5 Alberto Meira José Murado1-3Renault Clio N5 Diego Vila María Blanco Amelia1-2Ford Fiesta R5 Óscar Palacio Mario González Tomé1BlendioFord Fiesta Rally22Ford Fiesta Rally2 Daniel Alonso Cándido Carrera3FMC-UCAV RacingCitroën DS3 R5 Luis Vilariño Néstor Casal1Galicia MotorsportRenault Clio R3 Maxi Jorge Pérez Oliveira Avelino Martínez1Citroën DS3 R52-3SEAT Marbella Mario Ríos María Ríos1Citroën Saxo Kevin Cortegoso Jacobo Domínguez1-2Citroën Saxo José Ramón Furelos Agustín Furelos1Nissan Micra K11 José Manuel Piay Iván López1-2Desguaces Tino RacingFord Fiesta N5 Tino Iglesias Jorge Iglesias1-2Ford Fiesta R2 Tinín Iglesias Bárbara Gómez1-2Citroën C2 Benito Puceiro Christopher Telmo1-2MiñoPeugeot 208 T16 Francisco Dorado Roi Torrente1Volkswagen Polo GTI R52-3Fiat Cinquecento Diego Camuñas Javier Camuñas1Škoda Fabia Rally2 evo Adrián Díaz Andrea Lamas3

Rallys

24º Rally da Coruña

O campionato comezou por cuarto ano consecutivo co Rally da Coruña, que se celebrou entre o 28 e o 29 de febreiro. O parque pechado situouse o venres 28 na praza de María Pita, na Coruña, mentres que os treitos cronometrados disputáronse o sábado nos concellos de Aranga, Cerceda, Culleredo e Arteixo, sumando un total de 89,28 km cronometrados.

Inscribíronse 113 pilotos, coa ausencia máis destacada do vencedor do ano anterior, Iván Ares, que non recibiu a tempo o seu novo Hyundai i20 R5. Con todo, si estiveron presentes os primeiros clasificados da tempada anterior do Campionato de Galicia de Rally: Víctor Senra, estreando un Škoda Fabia R5, Alberto Meira co seu Citroën DS3 R5 e Iago Caamaño, estreando tamén coche no campionato, un Ford Fiesta R5 MKII. Ademais destacaban as presenzas do campión galego Luis Vilariño, do tricampión de Asturias Óscar Palacio, de Manuel Fernández ou de Tino Iglesias.

O rally caracterizouse por unha intermitente choiva, coa que cobrou grande importancia a elección de pneumáticos dos equipos. Víctor Senra comezou liderando con claridade na sesión matinal ao marcar o mellor tempo na primeira pasada aos tres treitos, con 13 segundos de vantaxe sobre Iago Caamaño e 30 sobre Alberto Otero. Con todo, Iago Caamaño comezou a remontar nos seguintes dous treitos, nos que marcou o mellor tempo e colocouse a catro segundos de Senra. A remontada culminouse no sexto treito, no que o máis rápido foi o asturiano Óscar Palacio e no que os problemas coa panca de cambios de Senra lle fixeron perder máis de 23 segundos con Caamaño, que se colocou líder destacado, con máis de 19 segundos de vantaxe sobre o de Dumbría. Cando todo parecía sentenciado Senra solucionou os seus problemas mecánicos e volveu facer os mellores tempos, recortándolle tres segundos a Caamaño no sétimo treito e catro no oitavo, colocándose a 12 segundos a falta do último tramo. Finalmente conseguiu recortar a diferenza e nun final moi axustado gañar o rally por 159 milésimas sobre Iago Caamaño.

Detrás deles quedou Alberto Meira, que mantivo unha loita pola terceira praza durante todo o rally con Alberto Otero (4º) e Óscar Palacio (5º). PosPilotoCopilotoVehículoEquipoTempo1 Víctor Senra David VázquezŠkoda Fabia R5Yacar Racing58:45.3272 Iago Caamaño Alberto RodríguezFord Fiesta MKIILalín Deza58:45.4863 Alberto Meira José MuradoCitroën DS3 R5Recalvi Team59:16.9204 Alberto Otero Jordan VázquezHyundai i20 R5Lalín Deza59:23.3855 Óscar Palacio Mario GonzálezFord Fiesta R5Recalvi Team59:46.8876 Luis Vilariño Néstor CasalCitroën DS3 R5UCAV Universidad de Ávila1h01:22.4287 Manuel Fernández Alejandro CidFord Fiesta R5T. Martínez Racing1h02:00.5508 José Manuel Lista Iván CarmonaMitsubishi Lancer Evo IXJosé Manuel Lista Mañana1h02:33.1549 Jorge Pérez Oliveira Avelino MartínezRenault Clio N5Galicia Motorsport1h02:47.60910 David Rivas José Antonio PintorCitroën C2 R2 MaxRVS Motorsport1h03:10.628

42º Rally San Froilán Coa expansión da pandemia por coronavirus o campionato paralizouse durante máis de medio ano, suspendéndose a maioría de rallys previstos. Retomouse a mediados de outubro coa disputa da cuadraxésimo segunda edición do Rally San Froilán, para o que se inscribiron 127 equipos. Víctor Senra colocouse en cabeza dende o primeiro treito, e xa non abandonou a posición ata o final da carreira, logrando a súa segunda vitoria na tempada e a segunda no rally lugués. Con todo, o piloto de Dumbría só foi o máis rápido en dous dos nove treitos, repartíndose os sete restantes entre cinco pilotos distintos. O melidense Alberto Otero marcou o segundo mellor tempo do rally, subindo ao podio por diante de Alberto Meira. Completaron os cinco primeiros postos Francisco Dorado e Iago Caamaño, este último despois de sufrir unha picada de roda que o afastou dos primeiros lugares. PosPilotoCopilotoVehículoEquipoTempo1 Víctor Senra David VázquezŠkoda Fabia R5Yacar Racing56:40.3242 Alberto Otero Jordan VázquezHyundai i20 R5Escudería Lalín-Deza57:02.0733 Alberto Meira José MuradoCitroën DS3 R5Recalvi Team57:03.9934 Francisco Dorado Roi TorrenteVolkswagen Polo GTI R5Miño-Lugo57:40.8425 Iago Caamaño Alberto RodríguezCitroën C3 R5Escudería Lalín-Deza57:46.9106 Ricardo Costa Daniel VilaçaHyundai i20 R5RVS Motorsport58:00.2157 Jorge Pérez Oliveira Avelino MartínezCitroën DS3 R5Galicia Motorsport58:41.0908 Diego Vila Álex AlonsoRenault Clio N5Recalvi Team59:09.1189 Óscar Palacio Mario GonzálezFord Fiesta Rally2Recalvi Team59:16.93010 Tino Iglesias Jorge IglesiasFord Fiesta N5Desguaces Tino Racing1:01:46.970

2º Rally Mariña Lucense Trala suspensión da maioría de rallys por mor da pandemia por coronavirus, o Rally Mariña Lucense quedou como a terceira e derradeira proba do campionato. O rally chegou con polémica, debido a que o regulamento do campionato establece que se deben descartar dous resultados para obter a puntuación final, e, ao disputárense só tres probas, o vencedor do último rally sería o campión final independentemente do que sucedese nos dous rallys anteriores, debido ao maior coeficiente da proba lucense. A negativa a modificar o regulamento, a pesar de que estaba permitido facelo "por causas de forza maior", provocou o malestar de varios pilotos, entre eles os dous primeiros clasificados do certame, Víctor Senra e Alberto Otero, que anunciaron que non disputarían o rally.

Finalmente Senra acabou por inscribirse no rally, xunto a outros 74 pilotos, entre os que destacaban as presenzas do ruso Nikolay Gryazin, piloto do Campionato do Mundo, cun Volkswagen Polo R5, Alberto Meira, Iago Caamaño ou o asturiano Daniel Alonso.

Griazin foi o máis rápido nos primeiros sete treitos e gañou o rally de xeito contundente, con case un minuto de vantaxe sobre Senra, que conseguiu os dous últimos scratchs e o segundo posto final. O ruso non contaba para a clasificación final do campionato, debido a que se precisaba participar nun mínimo de dous rallys, polo que Senra logrou a súa cuarta coroa consecutiva, mentres que o subcampionato foi para Iago Caamaño. PosPilotoCopilotoVehículoEquipoTempo1 Nikolay Gryazin Konstantin AleksandrovVolkswagen Polo GTI R5Sports Racing Technologies59:29.5822 Víctor Senra David VázquezŠkoda Fabia R5Yacar Racing1h00:26.0463 Alberto Meira José MuradoCitroën DS3 R5Recalvi Team1h00:53.9244 Iago Caamaño Alberto RodríguezVolkswagen Polo GTI R5Escudería Lalín-Deza1h01:36.9625 Adrián Costas Néstor CasalMitsubishi Lancer Evo IXC.D. Motor Racing Cantabria1h04:20.0636 Jorge Pérez Oliveira Avelino MartínezCitroën DS3 R5Galicia Motorsport1h04:22.9357 Daniel Alonso Rodrigo SanjuanFord Fiesta Rally2 R5Blendio1h05:37.1268 Tinín Iglesias Bárbara GómezFord Fiesta R2Desguaces Tino Racing1h07:29.7939 José Manuel Lamela Daniel PérezCitroën Saxo VTSYacar Racing1h07:54.36210 Marcos Rodríguez Daniel RodríguezCitroën C2 GTSurco1h08:10.541

Clasificacións

Pilotos PosPiloto1 RDC2 SFR3 MALPts1 Víctor Senra1122452 Iago Caamaño2542033 Alberto Meira3331844 Francisco Dorado504Ret1335 Tinín IglesiasRet2081126 Jorge Pérez Oliveira9761047 José Manuel LamelaRetRet9968 Marcos Rodríguez191610889 David Rivas10Ret127710 Jorge GarneloRet291472

Copilotos PosPiloto1 RDC2 SFR3