Os receptores do factor de crecemento transformante β (TGFR-β) son receptores dun só paso de membrana e do tipo serina/treonina quinase. Existen en diferentes isoformas, ben homo- ou heterodiméricas. O número de ligandos caracterizados dentro da superfamilia de TGFβ son moitísimos máis que o número de receptores coñecidos até agora, o que suxire a promiscuidade molecular existente entre o ligando e as interaccións dos receptores. Todas as células normais e a maioría das células neoplásicas teñen receptores na súa superficie para o TGF-β1.

Clasificación Baseándose en propiedades estruturais e funcionais, describíronse tres tipos de receptores por medio dos cales o TGF-β leva a cabo a súa sinalización:

Receptor de TGF beta 1 Receptor de TGF beta 2 Receptor de TGF beta 3

Algúns investigadores propuxeron que existen dous receptores adicionais que son o tipo IV (TGF-βR4) de 60 kDa e o tipo V (TGF-βR5) de 400 kDa, identificados só en células da pituitaria.Gálvez-Gastélum, Francisco Javier, Sandoval-Rodríguez, Ana Soledad, & Armendáriz-Borunda, Juan. (2004). El factor de crecimiento transformante beta como blanco terapéutico Salud Pública de México, 46(4), 341-350. Acceso o 14 de decembro de 2015 Adicionalmente, identificouse un heterodímero do TGF-β1.2 en plaquetas porcinas.

Os receptores tipo I e II teñen afinidade similar aos seus ligandos, e distínguense un do outro só polas súas pegadas peptídicas e padróns de expresión. Ámbolos dous tipos de receptores teñen unha afinidade alta polo TGF-β1 e unha afinidade baixa polo TGF-β2. O receptor de TGF-β tipo III ten unha elevada afinidade tanto para o TGF-β1 coma para o TGF-β2 e ademais polo chamado TGF-β1.2.

Función O factor de crecemento transformante β (TGF-β) é o ligando, e está implicado na sinalización parácrina e pódese atopar en moitos tipos de tecidos, como o cerebro, corazón, ril, fígado, e os testículos. A activación do receptor do TGF-β conduce á súa propia fosforilación en certos residuos de serina/treonina e inicia a fosforilación consecuente de proteínas efectoras intracelulares que, unha vez activas, se translocan ao núcleo celular para inducir a transcrición de xenes diana, e así regular procesos e funcións celulares.Gálvez-Gastélum, Francisco Javier, Sandoval-Rodríguez, Ana Soledad, & Armendáriz-Borunda, Juan. (2004). El factor de crecimiento transformante beta como blanco terapéutico Salud Pública de México, 46(4), 341-350. Acceso o 14 de decembro de 2015

Papel en enfermidades A sobreexpresión de TGF pode inducir fibrose renal causando nefropatías, así como diabetes, e finalmente enfermidade renal crónica. Recentes desenvolvementos atoparon que, utilizando tipos seguros de antagonistas contra os receptores TGFβ, pode frear e, nalgúns casos, reverter os efectos da fibrose renal.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Receptores transmembrana Categoría:Xenes do cromosoma 9 Categoría:Xenes do cromosoma 3 Categoría:Xenes do cromosoma 1