miniatura|Byambasuren Davaa, codirectora de The Story of the Weeping Camel, proposto para o premio e candidato ao Óscar ao mellor documental Mongolia presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional dende o ano 2003. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.

Ata o ano 2024, Mongolia presentou nove filmes para a súa consideración, aínda que ningún deles saíu nomeado. Porén, The Story of the Weeping Camel presentouse el mesmo na categoría do Óscar ó mellor documental o ano seguinte e saíu nomeado. As primeiras dúas propostas de Mongolia foron coproducións con Alemaña, dirixidos ou codirixidos por Byambasuren Davaa e foron rodados en lingua mongol.

Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Mongolia para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano(Cerimonia) Título Director Resultado 2003(76ª) The Story of the Weeping Camel Byambasuren Davaa e Luigi Falorni 2005(78ª) The Cave of the Yellow Dog Byambasuren Davaa 2009(82ª) By the Will of Genghis Khan Andrei Borissov 2017(90ª) The Children of Genghis Zolbayar Dorj 2019(92ª) The Steed Erdenebileg Ganbold 2020(93ª) Die Adern der Welt Byambasuren Davaa 2022(95ª) Ergej irekhgüi namar Amarsaikhan Baljinnyam 2023(96ª) Sèr sèr salkhi Lkhagvadulam Purev-Ochir 2024(97ª) Baavgai Bolohson Zoljargal Purevdash 2025(98ª) Silent City Driver Janchivdorj Sengedorj

Notas

Categoría:Cinema de Mongolia Mongolia