O Rally da Coruña é o nome xenérico co que se coñecen varias probas de rally que se disputan na cidade homónima desde o ano 1967.

Tanto o nome como as súas edicións crearon moita confusión debido que os distintos organizadores levaron pola súa conta o número de edicións e os seus sobrenomes. Nos seus primeiros anos tamén foi coñecido como Rally Rías Altas e era organizado pola Escudería Centollo de maneira intermitente; en 1983 a Escudería Coruña empezou a organizar o Critérium Mora Renault que até 1986 coincidiu co Rally da Coruña (contando este para o Campionato galego). En 1987 o Critérium pasou a chamarse Rally Cidade de Cristal que por tres anos máis (1988, 1989 e 1990) coincidiu de novo co Rally da Coruña. A partir de 1991 organizouse só unha soa proba na cidade, co nome de 9º Rallye Cidade da Coruña, ao ter en conta as edicións do Cidade de Cristal en lugar das 18º que levaba a outra proba. Ese mesmo ano a proba entrou no calendario da Copa de España e ao ano seguinte no Campionato de España de Rally. En 1997 formou parte do Campionato de Europa de Rally até 2001. Logo duns anos de ausencia a Escudería One Seven recuperou a proba incluíndoa no certame galego.

Víctor Senra é o piloto máis laureado, con seis vitorias, seguido por Germán Castrillón e Iván Ares, con catro cada un, e Santiago Salido e Víctor Piñeiro, con tres.

Historia

Primeiros anos miniatura|A Praza de María Pita acolleu o parque pechado durante moitas edicións. As primeiras competicións a motor na Coruña comezaron nos anos cincuenta e tratábanse de probas de motos a cargo do Moto Club Coruña. A primeira proba automobilística que se disputou foi o IV Rally Nacional do RACE en 1956, que a pesar de comezar e finalizar en Madrid pasaba pola Coruña. A pesar de todo habería que esperar até o 29 de maio de 1966 para que o Moto Club Coruña, xunto á Escudería Centollo fundada un mes antes por José Larrea, celebrasen o primeiro rally exclusivamente de automóbiles, o 1º Rallye de Primavera, que gañou o piloto Juan Bandeira.

A Escudería Centollo, procedeu un ano despois a organizar o I Rally da Coruña co sobrenome de Rías Altas. Desde aquela celebrouse o Rally da Coruña de forma continuada até 1973, ano no que non se disputou a sétima edición. En 1976 retomouse co salto da sétima edición e sen o sobrenome de Rías Altas​, e aínda que en 1977 non se disputou, en 1978 volveu como parte do Campionato Galego.

En 1986 a proba suspendeuse despois dun accidente mortal ocorrido na primeira sección na que morreu un afeccionado que estaba a gravar o rally. Debido á pouca quilometraxe disputada e por respecto á vítima e aos seus familiares non se declarou gañador. Por razóns económicas non se celebrou en 1987 e foi retomada en 1988.

A Escudería Centollo tamén foi organizadora de probas como a Volta a Santa Cruz ou o notorio Gran Premio de Riazor, este último puntuando varias veces para o Campionato de España de velocidade. Por outra banda, a Escudería La Coruña organizaba probas como o Campionato da Coruña de Velocidade, a Subida a Caaveiro do Campionato de España de Montaña ou o Rally dos Pazos, cuxa segunda edición foi o primeiro rally do primeiro Campionato Galego de historia, en 1975.

En 1990 e debido á falta de iniciativas da Escudería Centollo para continuar co rally, o grupo Senra Sport usou este nome para realizar un rally celebrado nos concellos de Muros, Carnota, Vimianzo e Dumbría, que máis tarde sería coñecido como Rali 1000 Vistas.

Pero o realmente importante comezou en 1983 co 1º Critérium Mora Renault. A súa terceira edición pasou a formar parte da Copa de España de Rallys, unha segunda división do Campionato de España, mantendo o seu status nos anos posteriores a pesar de cambiar o nome a Rallye Ciudad de Cristal, en honra ao alcume da cidade onde se disputaba, e en 1991 a Rallye Ciudad de La Coruña cos dereitos de uso do devandito nome cedidos pola Escudería Centollo, que despois foi simplificado a Rallye Internacional de La Coruña ou simplemente Rallye de La Coruña.

Campionato de Europa En 1993, celebrando o ano Xacobeo, a Escudería La Coruña conseguiu que o rally entrase por primeira vez no Campionato de España, coa responsabilidade de ser a última proba e a que ía decidir o campión. Despois da preinspección en 1996, accedeu ao Campionato de Europa aumentando o coeficiente, valor dado pola FIA a cada proba, a 5 nos últimos anos. Durante este tempo cada ano a presenza internacional foi aumentando con pilotos británicos, belgas e portugueses principalmente, pero tamén con peruanos, uruguaios, franceses, italianos e andorranos. O seu epicentro baseouse na praza de María Pita, escenario do parque pechado de todas as edicións agás unha, acompañado dun percorrido normalmente formado polos míticos tramos de Doroña, Monfero, Villozás, Aranga, Meirama e Soandres, ás que se foron sumando outros situadas cara ás comarcas de Ferrol e Bergantiños; dándolle máis quilómetros cronometrados.

A pesar de todo o esforzo realizado pola organización e aínda que para 2002 o rally ía ser de coeficiente 10 debido ao seu alto nivel, a seguinte edición non se puido celebrar por problemas económicos. A Escudería La Coruña non desistiu no seu intento de resucitar o rally, de feito tentouno sen éxito en 2009 cunha preinspección nacional co obxectivo de levar o Campionato Mundial de Rallyes a Galicia, ante as dúbidas sobre a continuidade do de Cataluña e co apoio de Luis Moya.

Regreso Por outro lado a entidade One Seven tamén intentou recuperalo, pero a primeira edición celebrouse no concello de Carral, sen achegarse á Coruña; foi por iso que o rally chamouse inicialmente Rali One Seven, pero pasou a chamarse Rally da Coruña polo seu atractivo publicitario. Por desgraza este rally sería recordado polo accidente fatal no que sete espectadores perderon a vida; converténdose na peor traxedia da historia do deporte español. A pesar de todo, retomouse dous anos despois, esta vez no concello da Coruña, como o autodenominado Rally da Coruña, a pesar de non ter aínda os dereitos de uso do nome e as edicións da Escudería La Coruña.

Edicións AnoNomePilotoCopilotoAutomóbilSeries19671º Rallye da Coruña Jorge de Bagration Emilio SanjurjoLancia Fulvia HF19682º Rallye da Coruña Estanislao ReverterLancia FulviaEspaña19693º Rallye da Coruña Santiago SalidoR-8 Gordini19704º Rallye da Coruña Eladio Doncel CondePorsche 911 RS19715º Rallye da Coruña Santiago SalidoAlpine 130019726º Rallye da Coruña Santiago Salido R. PenaAlpine 130019768º Rallye da Coruña "Peitos" Antonio ColemánSeat 1430 FU19789º Rallye Cidade da Coruña "I Memorial José Larrea Pérez" Pablo de Sousa Luis SanzFord EscortGalicia198010º Rallye da Coruña Miguel Martínez José Luis GonzálezAlpine 1800Galicia198111º Rallye da Coruña Miguel Martínez José Luis GonzálezPorsche 911 SCGalicia198212º Rallye da Coruña - Mora Renault Luis Barrio Diego BarciaSeat 124 2000Galicia198313º Rallye da Coruña Luis Barrio Diego BarciaSeat 124 2000Galicia1º Critérium Mora "Peitos" Javier SalgueiroPorsche 911 SC198414º Rallye da Coruña Carlos Piñeiro Julio OrozcoPorsche 911 SCGalicia2º Critérium Mora Carlos Piñeiro Julio OrozcoPorsche 911 SC198515º Rallye da Coruña - Leyma "Peitos" Javier SalgueiroAlfa Romeo 2.5 GTVGalicia3º Critérium Mora Carlos Piñeiro José OrozcoPorsche 911 SC/RS198616º Rallye Leyma Cidade da CoruñaSen gañadoresSen gañadoresGalicia4º Critérium Calvo Chus Puras José ArrarteRenault 5 Turbo19875º Rallye Cidade de Cristal Fernando Brizuela Mario SaguilloRenault 5 Turbo198817º Rallye TECAM A Coruña Germán Castrillón J. M. DomínguezRenault 5 GT TurboGalicia6º Rallye Cidade de Cristal Marc Etchebers Humberto GonzálezPorsche 911 SC-RSGalicia, Copa19897º Rallye Cidade de Cristal Daniel Alonso Salvador BelzuncesFord Sierra RS Cosworth199018º Rali da Coruña Germán Castrillón Estrella CastrillónFord Sierra RS CosworthGalicia, Copa8º Rallye Cidade de Cristal Germán Castrillón Estrella CastrillónFord Sierra RS Cosworth19919º Rallye Cidade da Coruña Daniel Alonso Salvador BelzuncesFord Sierra RS CosworthGalicia, Copa199210º Rally Cidade da Coruña Germán Castrillón Estrella CastrillónFord Sierra RS CosworthGalicia, Copa199311º Rally Cidade da Coruña Josep María Bardolet Quin MuntadaOpel Astra GSI 16vGalicia, España199412º Rally Cidade da Coruña Jaime Azcona Julius BillmaierPeugeot 106 RallyeGalicia, España199513º Rally Cidade da Coruña Miguel Martínez-Conde Felipe AlonsoRenault Clio WilliamsGalicia, España199614º Rally Internacional Cidade da Coruña Luis Climent José Antonio MuñozCitroën ZX 16VGalicia, España199715º Rally Internacional da Coruña Luis Climent Alex RomaníRenault Mégane MaxiEspaña, ERC199816º Rally Internacional da Coruña Manuel Muniente José Vicente MedinaPeugeot 306 MaxiEspaña, ERC199917º Rally Internacional da Coruña Luís Monzón José Carlos DénizPeugeot 306 MaxiEspaña, ERC200018º Rally Internacional da Coruña Salvador Cañellas Jr. Carlos del BarrioSEAT Córdoba WRCEspaña, ERC200119º Rally Internacional da Coruña Luís Monzón José Carlos DénizPeugeot 206 WRCEspaña, ERC201520º Rally da Coruña Iván Ares Álvaro BañobrePorsche 997Galicia201721º Rally da Coruña Víctor Senra David VázquezFord Festa R5Galicia201822º Rally da Coruña Iván Ares José Antonio PintorHyundai i20 R5Galicia201923º Rally da Coruña Iván Ares José Antonio PintorHyundai i20 R5Galicia202024º Rally da Coruña Víctor Senra David VázquezŠkoda Fabia R5Galicia202125º Rally da Coruña Víctor Senra David VázquezŠkoda Fabia R5Galicia202226º Rally da Coruña Iván Ares David VázquezHyundai i20 Rally2Galicia202327º Rally da Coruña Víctor Senra David VázquezCitroën C3 WRCGalicia202428º Rally da Coruña Víctor Senra José MuradoCitroën C3 WRCGalicia202529º Rally da Coruña Víctor Senra Paula RamosHyundai i20 WRCGalicia

Palmarés +VitoriasPilotoAnos6 Víctor Senra2017, 2020, 2021, 2023, 2024, 20254 Germán Castrillón1988, 1990, 1990, 1992 Iván Ares2015, 2018, 2019, 20223 Santiago Salido1969, 1971, 1972 Carlos Piñeiro1984, 1984, 19852 Miguel Martínez1980, 1981 Luis Barrio1982, 1983 "Peitos"1983, 1985 Daniel Alonso1989, 1991 Luis Climent1996, 1997 Luís Monzón1999, 2001

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Rally de Ferrol Rally Botafumeiro

Ligazóns externas

Sitio web oficial Estatísticas do Rally da Coruña .