Haití presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional por primeira vez en 2017. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.
Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Haití para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Ano(Cerimonia) Título Lingua(s) Director Resultado 2017(90ª) Ayiti mon amour Crioulo haitiano 2021(94ª) Freda Crioulo haitiano 2024(97ª) Kidnapping Inc.Denton Davidson, "2025 Oscars: Complete list of Best International Feature Film submissions". Gold Derby, 3 de outubro de 2024. Crioulo haitiano e francés 2025(98ª) Kidnapping Inc. Crioulo haitiano e francés
Notas
Categoría:Cinema de Haití Haití