Segundo Nine Fernández, nado o 16 de marzo de 1908El Magisterio Español, 4-8-1934, p. 9. e finado na Illa de Arousa en setembro de 1962,El Pueblo Gallego, 2-10-1962, p. 13. foi un mestre e político galego.
Traxectoria Mestre na Illa de Arousa. Despois foi mestre nacional en Triabá (Castro de Rei).El Pueblo Gallego, 18-8-1933, p. 12. Estaba afiliado á Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Vigo.El Pueblo Gallego, 1-10-1933, p. 5. Foi un dos participantes na proclamación da República Federal da Illa de Arousa. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído como mestre.El Progreso, 6-9-1936, p. 4. Puxo unha academia na Illa de Arousa. Ocupouse dos seus sobriños Eligia, Víctor e Francisco Luís, orfos de Víctor Trabazo Serapio, que fora asasinado polos fascistas. Rehabilitado, foi mestre de Vilameá, O Burgo, Tabagón (onde foi correspondente de El Pueblo Gallego) e O Grove.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Fajardo, Montse / "A herdanza que nunca roubou o fascismo". Nós Diario, 10-1-2020, p. 26.
Ligazóns externas O día que a Illa de Arousa foi independente por unhas horas
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1962