Uta Thyra Hagen, nada en Gotinga o 12 de xuño de 1919 e finada en Greenwich Village o 14 de xaneiro de 2004, foi unha actriz e profesora estadounidense. Orixinou o papel de Martha na estrea en Broadway en 1962 de Who's Afraid of Virginia Woolf?, de Edward Albee, que a chamou "unha actriz fondamente verídica". Como Hagen estaba na lista negra de Hollywood, en parte a causa da súa asociación con Paul Robeson, as súas oportunidades no cinema diminuíron e centrou a súa carreira no teatro neoiorquino.
Posteriormente converteuse nunha influente profesora de interpretación no Herbert Berghof Studio de Nova York e escribiu textos sobre interpretación de grande éxito como Respect for Acting, con Haskel Frankel, e A Challenge for the Actor. As súas contribucións fundamentais á pedagoxía teatral foron unha serie de exercicios que construíu sobre o traballo de Konstantin Stanislavski e Yevgeny Vakhtangov.
Foi elixida para o American Theater Hall of Fame en 1981. Gañou en dúas ocasións o Tony á mellor actriz e recibiu un Tony especial en 1999.
Traxectoria Filla do historiador da arte Oskar Hagen e da cantante de ópera Thyra Leisner, a súa familia emigrou aos Estados Unidos en 1924.Port of New York, passenger list of the S.S. Luetzow, 4 de setembro de 1924, folla 41. Criouse en Madison, Wisconsin, e en 1937 estableceuse en Nova York."Lady Invincible ", Wisconsin Academy Review, vol. 46, número 4, outono de 2000.
Debutou en 1937 como Ofelia en Hamlet en Dennis, Massachusetts, na compañía de Eva Le Gallienne, á que seguiu Nina de A gaivota de Anton Chekhov e a protagonista de Saint Joan, de George Bernard Shaw. Co seu marido José Ferrer interpretou o papel de Desdémona no Otelo de Paul Robeson.
Dende 1947 destacou como mestra de actores no HB Studio en Greenwich Village; entre os seus alumnos estiveron Matthew Broderick, Christine Lahti, Jason Robards, Sigourney Weaver, Liza Minnelli, Whoopi Goldberg, Jack Lemmon, Debbie Allen e Al Pacino.
Vida persoal Uta Hagen estivo casada con José Ferrer entre 1938 e 1948. Tiveron unha filla, Leticia (nada o 15 de outubro de 1940). Divorciáronse en parte pola relación de Hagen con Paul Robeson, coprotagonista de Otelo. Hagen casou con Herbert Berghof o 25 de xaneiro de 1957, unión que durou ata a morte del en 1990. Hagen faleceu en Greenwich Village en 2004 despois de sufrir un infarto en 2001.
Obra
Teatro The Seagull (1938) The Happiest Days (1939) Key Largo (1939) Vickie (1942) Otelo (1943) The Whole World Over (1947) A Streetcar Named Desire (1947) The Country Girl (1950) Saint Joan (1951) In Any Language (1952) The Magic and The Loss (1954) Island of Goats (1955) Who's Afraid of Virginia Woolf? (1962) The Cherry Orchard (1968) You Never Can Tell (1986) Charlotte (1980) Mrs. Klein (1995) Collected Stories (1998) Six Dance Lessons in Six Weeks (2001)
Cinema The Other (1972) The Boys from Brazil (1978) A Doctor's Story (1984) Reversal of Fortune (1990) Limón: A Life Beyond Words (2001)
Televisión Victory (1945) A Month in the Country (1959) The Day Before Sunday (1970) The Twilight Zone (serie de televisión de 1985) (1986) Seasonal Differences (1987) The Sunset Gang ) King of the Hill (1999) Oz (1999)
Premios 1951: Premio Tony á mellor actriz, The Country Girl 1963: Premio Tony á mellor actriz, Who's Afraid of Virginia Woolf? 1999: Premio Tony especial á toda unha vida 1999: Membro da American Academy of Arts and Sciences 2002: National Medal of Arts
Notas
Véxase tamén Bibliografía Brestoff, Richard (1995). The Great Acting Teachers and Their Methods''. Smith & Kraus. ISBN 978-1-57525-012-0. Ligazóns externas Clases
Categoría:Nados na Baixa Saxonia Categoría:Nados en 1919 Categoría:Finados en 2004 Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Profesores Categoría:Estadounidenses de ascendencia alemá Categoría:Lista negra de Hollywood