Montecelo ou O Piricallo é un lugar da parroquia de Chavaga, no concello de Monforte de Lemos. En 2018 tiña seis habitantes (tres homes e tres mulleres).
O lugar sitúase a 391 m de altitude, entre a liña ferroviaria León-A Coruña e a estrada N-120.
Historia
Neste lugar o 20 de abril de 1949 milicianos do destacamento Santiago Carrillo (grupo de "Rocesvinto"), pertencente á II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia que tiñan alí o seu refuxio, foron sorprendidos por un destacamento de 60 gardas civís de Lugo e Ponferrada, orixinándose un combate que tivo como resultado a morte de catro guerrilleiros: Evaristo González Pérez "Rocesvinto", Guillermo Morán García "Asturiano", Gregorio Colmenero Fernández "Porreto" de Torbeo e Julián Acebo Alberca "Guardiña". Outro guerrilleiro do grupo, Fermín Gutiérrez Lada "Segura", conseguiu fuxir.
En 2006 púxose unha placa recordando os feitos que foi roubada ás poucas horas de ser descuberta. A placa foi recolocada o 18 de abril de 2009.
Lugares e parroquias Lugares de Chavaga
Parroquias de Monforte de Lemos
Categoría:Lugares de Monforte de Lemos